Diferencia entre revisiones de «Programación Didáctica do Módulo ASIR-FH»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 16:36 31 oct 2010
UD1.- Introdución aos Equipamentos Microinformáticos e aos seus compoñentes
20 Sesións
- – CE1.1. Identificáronse e caracterizáronse os dispositivos que constitúen os bloques funcionais dun equipamento microinformático.
- – CE1.2. Describiuse o papel dos elementos físicos e lóxicos que interveñen no proceso de posta en marcha dun equipamento.
- – CE1.3. Analizouse a arquitectura xeral dun equipamento e os mecanismos de conexión entre dispositivos.
UD2.- O traller de reparacións. Prevención de riscos e protección ambiental
8 Sesións
- – CE5.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas, utensilios, equipamentos e medios de transporte.
- – CE5.2. Operouse cos equipamentos respectando as normas de seguridade.
- – CE5.3. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de equipamentos, ferramentas, etc.
- – CE5.4. Describíronse os elementos de seguridade (proteccións, alarmas, pasos de emerxencia, etc.) das máquinas e dos equipamentos de protección individual (calzado , protección ocular, indumentaria, etc.) que se deben empregar nas operacións de montaxe e mantemento.
- – CE5.5. Relacionouse a manipulación de equipamentos e ferramentas coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.
- – CE5.6. Identificáronse as posibles fontes de contaminación ambiental.
- – CE5.7. Clasificáronse os residuos xerados para a súa retirada selectiva.
- – CE5.8. Valorouse a orde e a limpeza das instalacións e dos equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos.
UD3.- Ensamblaxe de Sistemas Microinformáticos. Configuración
20 Sesións
- – CA1.4. Ensambláronse equipamentos microinformáticos, interpretando a documentación técnica, e verificouse o resultado final.
- – CE1.5. Establecéronse os parámetros de configuración (hardware e software) dun equipamento microinformático coas utilidades específicas.
UD4.- Xestión de Discos Duros. Particionamento. Sistemas de Arquivos
20 Sesións
- – CE2.3. Utilizáronse ferramentas para facer particións de disco.
- – CE4.7.1 Implantáronse sistemas de almacenamento redundante e distribuído (RAID).
UD5.- Instalación e configuración de Sistemas Operativos e software de base
8 Sesións
- – CE1.9. Utilizáronse ferramentas de procura vía web para obter documentación, controladores de dispositivos e soporte técnico, e para solucionar erros.
- – CE2.1. Catalogáronse os tipos de software segundo a súa licenza, a súa distribución e o seu propósito.
- – CE2.2. Analizáronse as necesidades específicas de software asociadas ao uso de sistemas informáticos en diferentes contornos produtivos.
- – CE2.4. Instaláronse sistemas operativos e verificouse a súa compatibilidade co hardware do sistema.
- – CE2.5. Instaláronse e avaliáronse utilidades para a xestión de ficheiros, recuperación de datos, mantemento e optimización do sistema.
- – CE2.6. Instaláronse e avaliáronse utilidades de seguridade básica.
- – CE2.7. Instalouse e avaliouse software ofimático e de utilidade xeral.
- – CE2.8. Consultouse a documentación e as axudas interactivas.
- – CE2.9. Verificouse a repercusión da eliminación, a modificación e a actualización das utilidades instaladas no sistema.
- – CE2.10. Probáronse e comparáronse aplicacións portables e non portables.
UD6.- Inventariado de Hardware e de Software
8 Sesións
- – CE2.11. Realizáronse inventarios do software instalado e as características da súa licenza.
- – CE4.10. Utilizáronse ferramentas de inventariación e rexistráronse as características dos dispositivos de hardware.
- – CE4.11. Clasificouse e organizouse a documentación técnica, os controladores, as utilidades e os accesorios do hardware.
UD7.- Creación e Restauración de Imaxes de Sistemas Operativos
16 Sesións
- – CE3.1. Recoñeceuse a diferenza entre unha instalación estándar e unha preinstalación ou imaxe de software.
- – CE3.2. Identificáronse os soportes de memoria auxiliar adecuados para o almacenamento e a restauración de imaxes.
- – CE3.3. Empregáronse diversas utilidades e soportes para realizar imaxes.
- – CE3.4. Restauráronse imaxes desde distintas localizacións.
- – CE3.5. Identificáronse e probáronse as secuencias de arranque configurables nun equipamento.
UD8.- Ferramentas software e hardware de diagnose e reparación
8 Sesións
- – CE1.6. Avaliáronse as prestacións do equipamento empregando utilidades específicas.
- – CE1.7. Executáronse utilidades de recoñecemento e diagnóstico.
- – CE1.8. Identificáronse e documentáronse avarías e as súas causas.
UD9.- Periféricos de Entrada, de Saída e outros dispositivos auxiliares
4 Sesións
- – CE1.10. Clasificáronse os dispositivos periféricos e as súas mecanismos de comunicación.
- – CE1.11. Utilizáronse protocolos estándar de comunicación sen fíos entre dispositivos.
UD10.- Hardware específico de centros de procesamento de datos (CPD)
16 Sesións
- – CE4.1. Recoñecéronse as diferenzas entre as configuracións de hardware de tipo persoal e empresarial.
- – CE4.2. Analizáronse contornos que requiran implantar solucións de hardware específicas.
- – CE4.3. Detalláronse compoñentes de hardware específicos para solucións empresariais.
- – CE4.4. Analizáronse os requisitos básicos de seguridade física, organización e condicións ambientais dun CPD.
- – CE4.5. Implantáronse sistemas de alimentación ininterrompida e estabilizadores de tensión.
- – CE4.6. Manipuláronse correctamente dispositivos de almacenamento para solucións empresariais.
- – CE4.7.2 Implantáronse en CPDs sistemas de almacenamento redundante e distribuído (RAID).
- – CE4.8. Ensamblouse equipamento específico de centros de procesamento de datos interpretando a documentación técnica, e verificouse o resultado final
- – CE4.9. Documentáronse procedementos, incidencias e parámetros utilizados na instalación e na configuración de dispositivos hardware.
BC1. Configura equipamentos microinformáticos, compoñentes e periféricos, e analiza as súas características en relación co conxunto.
- Esquema e estrutura dun computador.
- Elementos funcionais e subsistemas.
- Composición dun sistema informático: unidade central de proceso, memoria, subsistema de E/S, tipos de arquitecturas de bus e interfaces.
- Compoñentes de integración para a ensamblaxe de equipamentos informáticos
- –Chasis, alimentación e refrixeración.
- –Placas base, procesadores e memorias.
- –Dispositivos de almacenaxe. Controladoras.
- –Periféricos. Adaptadores para a conexión de dispositivos.
- –Mecanismos e técnicas de interconexión.
- –Secuencia de arranque dun equipamento: posibilidades.
- –Instalación e configuración de dispositivos.
- –Normas de seguridade.
- Manexo de documentación técnica nos idiomas mais empregados pola industria.
- Webs de soporte técnico.
- Configuración e verificación de equipamentos.
- Software incrustado de configuración dun equipamento.
- Utilidades de prestacións, recoñecemento e diagnóstico.
- Técnicas de conexión e comunicación.
BC2. Instala software de propósito xeral, e avalía as súas características e os contornos de aplicación
- Licencias de software.
- Partición de discos.
- Sistemas de ficheiros.
- Instalación e configuración de sistemas operativos libres e propietarios.
- Xestores de arranque:
- –Tipos de aplicacións.
- – Aplicacións portables e non portables.
- – Instalación e proba de aplicacións.
- – Necesidades dos contornos de explotación.
- – Requisito das aplicacións.
- – Comparación de aplicacións: avaliación e rendemento.
- Software de propósito xeral:
- –Ofimática e documentación electrónica.
- –Imaxe, deseño e multimedia.
- –Programación.
- –Clientes para servizos de internet.
- –Software a medida.
- Utilidades
- –Compresores.
- –Monitorización e optimización do sistema.
- –Xestión de ficheiros e recuperación de datos.
- –Xestión de discos. Fragmentación e partición.
- –Inventariado de software.
- –Seguridade.
- –Antivirus, antiespías e devasas (firewalls).
BC3. Analiza e executa procedementos para recuperar o software base dun equipamento, utilizando imaxes almacenadas en memoria auxiliar
- Imaxes de respaldo.
- Preparación do sistema para crear e restaurar imaxes de respaldo.
- Utilidades libres e propietarias para a manipulación de imaxes de respaldo.
- Creación de imaxes.
- Recuperación de imaxes.
- Configuracións de arranque do sistema.
BC4. Implanta hardware específico de centros de procesamento de datos (CPD), e analiza as súas características e as súas aplicacións.
- Arquitecturas de computadores persoais, sistemas departamentais e grandes computadores.
- Estrutura dun CPD: organización.
- Seguridade física.
- Compoñentes específicos en solucións empresariais:
- –Bastidores.
- –Servidores en rack e servidores blade.
- –Dispositivos de conexión en quente.
- –Cabinas de Discos e configuracións RAID.
- –Sistemas NAS e SAN.
- –Fontes de alimentación.
- –Control remoto.
- –Dispositivos de copias de seguridade.
- Arquitecturas de alta dispoñibilidade.
- Inventariado do hardware: ferramentas e automatización.
BC5. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, e identifica os riscos asociados, as medidas e os equipamentos para os previr.
- Identificación de riscos.
- Determinación das medidas de prevención de riscos laborais.
- Prevención de riscos laborais nos procesos de montaxe e mantemento.
- Equipamentos de protección individual.
- Normativa de prevención de riscos laborais.
- Protección ambiental e tratamento de residuos.