Diferencia entre revisiones de «Window»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 23:17 5 nov 2007
Introdución
A principal tarefa dun explorador Web é mostrar documentos HTML nunha fiestra. En JavaScript o obxecto Document (Documento) representa un documento HTML e o obxecto Window (Fiestra) representa a fiestra (ou marco) do explorador que mostra o documento. Aínda que ambos obxectos son importantes para o JavaScript na parte do cliente, o obxecto Window é mais importante por unha razón substancial: o obxecto Window é o obxecto global na programación na parte do cliente.
Propiedades do obxecto Window
Os obxectos de tipo window teñen as seguintes propiedades:
- closed: É un valor booleano que indica se a fiestra está ou non pechada.
- defaultStatus: Esta propiedade contén a mensaxe por defecto que aparece na barra de estado do navegador.
- frames: É un array que representa os obxectos frame que se atopan no obxecto window actual.
- history: É un array que representa as URL almacenadas no historial do obxecto window actual.
- length: É un valor enteiro que indica o número de frames do obxecto window actual.
- name: Contén o nome do obxecto window actual, o do frame actual.
- opener: Contén a referencia ó obxecto window que abreu o obxecto window actual (se se empregou para iso o método open()).
- parent: Contén a referencia ó obxecto window que contén o frameset.
- self: Nome alternativo do obxecto window actual.
- status: Determina a mensaxe que aparece na barra de estado do navegador.
- top: Nome alternativo para a fiestra de nivel máis superior.
- window: Nome alternativo do obxecto window actual.
Métodos do obxecto Window
Os obxectos de tipo Window teñen os seguintes métodos:
- alert(mensaxe): Mostra a mensaxe nunha caixa de diálogo.
- blur(): Elimina o foco do obxecto window actual.
- clearInterval(id): Elimina o intervalo referenciado por id.
- clearTimeout(nome): Cancela o intervalo especificado por nome.
- close(): Pecha o obxecto window actual.
- eval(): Avalía a cadea como unha sentencia, en referencia ó obxecto window.
- focus(): Captura o focus sobre o obxecto window actual.
- moveB(x,y): Move o obxecto window actual ó número de pixels especificados por x e y.
- moveTo(x,y): Move o obxecto window actual ás coordenadas especificadas por x e y.
- open (url, nome, cacterísticas): Abre a url especificada na fiestra chamada nome. Se non existe tal fiestra, a url abrirase nunha nova fiestra coas características especificadas. Entre as características opcionais que definen unha nova fiestra podemos atopar as seguintes:
- toolbar = [yes,no,1,0]: Indica se a nova fiestra deberá ter barra de ferramentas ou non.
- location = [yes,no,1,0]: Indica se a nova fiestra deberá ter campo de localización ou non.
- directories = [yes,no,1,0]: Indica se a nova fiestra deberá ter botóns de dirección ou non.
- status = [yes,no,1,0]: Indica se a nova fiestra deberá ter barra de estado ou non.
- menubar = [yes,no,1,0]: Indica se a nova fiestra deberá ter barra de menús ou non.
- scrollbars = [yes,no,1,0]: Indica se a nova fiestra deberá ter barras de desprazamento ou non.
- resizable = [yes,no,1,0]: Indica se a nova fiestra poderá cambiar de tamaño ou non.
- width = pixels: Indica o ancho da fiestra cliente en pixels.
- height = pixels: Indica o alto da fiestra cliente en pixels.
- outerWidth = pixels: Indica o ancho total da fiestra en pixels.
- outerHeight = pixels: Indica o alto total da fiestra en pixels.
- left = pixels: Indica a distancia en pixels dende o lado esquerdo da pantalla á que se deberá colocar a fiestra.
- top = pixels: Indica a distancia en pixels dende o lado superior da pantalla á que se deberá colocar a fiestra.
- alwaysRaised = [yes,no,1,0]: Indica se a fiestra deberá permanecer sempre en fronte de calquera outra.
- z-lock = [yes,no,1,0]: Indica se se debe bloquear ou non a fiestra no seu z-order actual.
- prompt(mensaxe, resposta): Mostra a mensaxe nunha caixa de diálogo que contén unha caixa de texto que permite ó usuario introducir información. En dita caixa aparece inicialmente a resposta por defecto, se é que esta existe. A resposta devólvese como unha cadea de caracteres.
- resizeBy(x,y): Axusta o tamaño do obxecto window acutal movendo a súa esquina inferior dereita, o número de pixels especificados por x e y.
- resizeTo(ancho,alto): Axusta o tamaño do obxecto window acutal cambiando os valores outerWidth e outerHeigth ós valores especificados en acho e alto.
Manipulación de obxectos Window
O obxecto window define diversos métodos que permiten un control total da propia fiestra. Veremos como abrir e pechar fiestras, controlar a posición e tamaño, solicitar e abandonar o enfoque do teclado e desprazar o contido dunha fiestra.
Abrir fiestras
Podemos abrir unha nova fiestra do explorador có método open() do obxecto Window. Window.open() acepta catro argumentos opcionais e devolve un obxecto Window que representa a fiestra que se acaba de abrir.
- O primeiro argumento para open() é a URL do documento a mostrar na nova fiestra. Se se omite este argumento, a fiestra estará valeira.
- O segundo argumento de open() é o nome da fiestra. Este nome pode ser útil como valor do atributo target dunha etiqueta <form> ou <a>. Se especificamos o nome dunha fiestra xa existente, open() devolverá unha referencia a esta fiestra xa aberta en lugar de abrir unha nova.
- O terceiro argumento opcional de open() é unha lista de opcións que especifican o tamaño da fiestra e as decoracións da GUI. Omitindo este argumento, a nova fiestra terá un tamaño predeterminado e un conxunto de opcións estándar.
- Exemplo: Abrir unha fiestra de explorador pequena, redimensionable, cunha barra de estado pero sen barra de menús, barra de ferramentas nin barra de localización:
var w = window.open("pequena.html", "pequena", "width=400, height=350,status=yes,resizable=yes");
- O cuarto argumento de open() é útil só cando o segundo argumento chama a unha fiestra xa existente. Este argumento especifica se o URL especificado como primeiro argumento debe re emprazar a entrada actual no historial de exploración da fiestra (true) ou non (false), que é o comportamento predeterminado.
- O valor devolto do método open() é o obxecto Window que representa a fiestra que se acaba de crear.
Cerrar fiestras
Do mesmo xeito que o método open() abre unha nova fiestra, o método close() a pecha. Se creamos un obxecto Window denominado w, poderemos cerralo con:
w.close();