Diferencia entre revisiones de «Redes Locais (Ciclo SMR)»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 16:28 24 jun 2010

Redes locais do Ciclo SMR

  • Curso: 1º
  • Duración: 213 horas.
  • Profesorado: Informática.

RA1. Identifica a estrutura de redes locais cableadas atendendo ás características de contornos de aplicación e á funcionalidade dos seus compoñentes

-CA1.1. Describíronse os principios de funcionamento das redes locais.
-CA1.2. Identificáronse os tipos de redes cableadas.
-CA1.3. Describíronse os elementos de diversas redes locais e a súa función.
-CA1.4. Identificáronse e clasificáronse os medios de transmisión.
-CA1.5. Recoñeceuse o mapa físico da rede local.
-CA1.6. Utilizáronse aplicacións para representar o mapa físico da rede local.
-CA1.7. Recoñecéronse as topoloxías de rede.
-CA1.8. Identificáronse estruturas alternativas.
Caracterización de redes locais:

RA2. Monta a estrutura de redes locais cableadas, para o que identifica e selecciona os seus compoñentes

-CA2.1. Diferenciáronse os medios de transmisión en redes cableadas.
-CA2.2. Recoñecéronse os detalles dos cables da instalación e o seu despregamento (categoría dos cables, espazos polos que discorren, soporte para as canalizaciónscanalizacións, etc.).
-CA2.3. Seleccionáronse e montáronse as canalizacións e os tubos.
-CA2.4. Montáronse os armarios de comunicacións e os seus accesorios.
-CA2.5. Tendeuse o cableado polas canalizacións.
-CA2.6. Montáronse e conectáronse as tomas de usuario e os paneis de parcheamento.
-CA2.7. Probáronse as liñas de comunicación entre as tomas de usuario e os paneis de parcheamento.
-CA2.8. Etiquetáronse os cables e as tomas de usuario.
-CA2.9. Empregáronse as ferramentas axeitadas.
Despregamento de redes locais con cables:

RA3. Interconecta equipamentos en redes locais cableadas atendendo aos estándares requiridos

-CA3.1. Interpretouse o plan de montaxe lóxica da rede.
-CA3.2. Montáronse os adaptadores de rede nos equipamentos.
-CA3.3. Montáronse conectadores sobre cables de rede (de cobre e de fibra).
-CA3.4. Montáronse os equipamentos de conmutación nos armarios de comunicacións.
-CA3.5. Conectáronse os equipamentos de conmutación aos paneis de parcheamento segundo a lóxica do plan de instalación.
-CA3.6. Conectáronse os equipamentos ás tomas de usuario segundo a lóxica do plan de instalación.
-CA3.7. Verificouse a conectividade da instalación.
-CA3.8. Configuráronse parámetros básicos dos conmutadores.
-CA3.9. Creáronse e configuráronse as redes virtuais de área local (VLAN).
Interconexión de equipamentos en redes locais:
  • Adaptadores para rede con cables.
  • Dispositivos de interconexión de redes.
  • Adaptadores para redes sen fíos.
  • Dispositivos de interconexión de redes sen fíos.
  • Redes mixtas.

RA4. Prepara os equipamentos da rede local configurando os protocolos axeitados

-CA4.1. Instalouse o software correspondente.
-CA4.2. Identificáronse os protocolos.
-CA4.3. Identificouse o ámbito de rede dos equipamentos.
-CA4.4. Empregáronse ferramentas gráficas e de texto para a configuración dos parámetros básicos nos equipamentos.
-CA4.5. Verificouse a conectividade lóxica dos equipamentos.
Instalación e configuración dos equipamentos de rede:

RA5. Monta a estrutura de redes locais sen fíos, para o que identifica e selecciona os seus compoñentes

-CA5.1. Identificáronse as características funcionais das redes sen fíos.
-CA5.2. Identificáronse os xeitos de funcionamento das redes sen fíos.
-CA5.3. Recoñecéronse os elementos das redes sen fíos.
-CA5.4. Identificáronse os protocolos.
-CA5.5. Instaláronse adaptadores e puntos de acceso sen fíos.
-CA5.6. Instalouse o software correspondente.
-CA5.7. Configuráronse os xeitos de funcionamento e os parámetros básicos.
-CA5.8. Comprobouse a conectividade entre dispositivos e adaptadores sen fíos.
-CA5.9. Realizáronse probas de cobertura.
-CA5.10. Aplicáronse mecanismos de acceso seguro ás redes sen fíos seguindo especificacións técnicas dadas.
Despregamento de redes locais sen fíos:
  • Elementos das redes sen fíos.
  • Medios de transmisión.
  • Protocolos.
  • Recomendacións na instalación de redes sen fíos.
  • Seguridade básica en redes sen fíos.
  • Configuración básica dos dispositivos de interconexión de redes sen fíos.

RA6. Mantén unha rede local, para o que interpreta recomendacións de fábrica do hardware e do software, e establece a relación entre as disfuncións e as súas causas

- CA6.1. Identificáronse incidencias e comportamentos anómalos.
- CA6.2. Monitorizáronse os sinais visuais dos dispositivos de interconexión.
- CA6.3. Verificáronse os protocolos de comunicacións.
- CA6.4. Empregáronse aplicacións de verificación do funcionamento da rede.
- CA6.5. Localizouse a causa da disfunción.
- CA6.6. Identificouse a responsabilidade do hardware ou do software na disfunción.
- CA6.7. Restituíuse o funcionamento substituíndo equipamentos ou elementos.
- CA6.8. Solucionáronse as disfuncións do software mediante a configuración ou a reinstalación.
- CA6.9. Elaborouse un informe de incidencias
Resolución de incidencias dunha rede de área local:
  • Estratexias.
  • Parámetros do rendemento.
  • Incidencias físicas e incidencias lóxicas en redes locais.
  • Monitorización de redes con cables e sen eles.
  • Ferramentas de diagnóstico.
  • Comandos e programas.

RA7. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental ao identificar os riscos asociados, así como as medidas e os equipamentos para os previr

- CA7.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas, útiles, máquinas e medios de transporte.
- CA7.2. Operouse coas ferramentas respectando as normas de seguridade.
- CA7.3. Traballouse coa calidade requirida.
- CA7.4. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas, máquinas de corte, etc.
- CA7.5. Describíronse os elementos de seguridade das ferramentas e os equipamentos de protección individual (calzado, protección ocular, indumentaria, etc.) que se deben empregar nas operacións de montaxe e mantemento.
- CA7.6. Relacionouse a manipulación de materiais, ferramentas e máquinas coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.
- CA7.7. Identificáronse as fontes de contaminación do contorno ambiental.
- CA7.8. Clasificáronse os residuos xerados para a súa retirada selectiva.
- CA7.9. Valorouse a orde e a limpeza de instalacións e equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos.
Cumprimento das normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental:
  • Identificación de riscos.
  • Determinación das medidas de prevención de riscos laborais.
  • Prevención de riscos laborais nos procesos de montaxe.
  • Equipamentos de protección individual.
  • Cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
  • Cumprimento da normativa de protección ambiental.