Diferencia entre revisiones de «Xestión de Bases de Datos (Ciclo ASIR)»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 12:16 19 may 2010
Xestión de Bases de Datos do Ciclo ASIR
- Curso: 2º
- Duración: 70 horas
- Profesorado: Informática
RA1. Implanta sistemas xestores de bases de datos e analiza as súas características, consonte os requisitos do sistema.
- – CA1.1. Recoñeceuse a utilidade e a función de cada elemento dun sistema xestor de bases de datos.
- – CA1.2. Interpretouse a documentación técnica de diversos sistemas xestores de bases de datos nos idiomas máis empregados pola industria.
- – CA1.3. Analizáronse as características dos principais sistemas xestores de bases de datos.
- – CA1.4. Seleccionouse o sistema xestor de bases de datos.
- – CA1.5. Identificouse o software necesario para levar a cabo a instalación.
- – CA1.6. Verificouse o cumprimento dos requisitos de hardware.
- – CA1.7. Configuráronse os parámetros do sistema operativo que puideran afectar ao rendemento do sistema xestor de bases de datos.
- – CA1.8. Instaláronse sistemas xestores de bases de datos.
- – CA1.9. Interpretouse a información subministrada polas mensaxes de erro e os ficheiros de rexistro.
- – CA1.10. Arranxáronse as incidencias da instalación.
- – CA1.11. Verificouse o funcionamento do sistema xestor de bases de datos.
- – CA1.12. Documentouse o proceso de instalación.
RA2. Configura o sistema xestor de bases de datos, para o que interpreta as especificacións técnicas e os requisitos de explotación.
- – CA2.1. Describíronse as condicións de inicio e parada do sistema xestor.
- – CA2.2. Seleccionouse o motor de base de datos.
- – CA2.3. Aseguráronse as contas de administración.
- – CA2.4. Configuráronse as ferramentas e o software cliente do sistema xestor.
- – CA2.5. Definiuse o espazo de almacenamento.
- – CA2.6. Configurouse a conectividade en rede do sistema xestor.
- – CA2.7. Definíronse as características por defecto das bases de datos.
- – CA2.8. Definíronse os parámetros relativos ás conexións (tempos de espera, número máximo de conexións, etc.).
- – CA2.9. Documentouse o proceso de configuración.
RA3. Implanta métodos de control de acceso utilizando asistentes, ferramentas gráficas e comandos da linguaxe do sistema xestor.
- – CA3.1. Creáronse vistas personalizadas para cada tipo de usuario.
- – CA3.2. Creáronse sinónimos de táboas e vistas.
- – CA3.3. Definíronse e elimináronse contas de usuario.
- – CA3.4. Identificáronse os privilexios sobre as bases de datos e os seus elementos.
- – CA3.5. Agrupáronse e desagrupáronse privilexios.
- – CA3.6. Asignáronse e elimináronse privilexios a usuarios.
- – CA3.7. Asignáronse e elimináronse grupos de privilexios a usuarios.
- – CA3.8. Garantiuse o cumprimento dos requisitos de seguridade.
RA4. Describe e automatiza tarefas de administración do xestor, utilizando secuencias de comandos.
- – CA4.1. Recoñeceuse a importancia de automatizar tarefas administrativas.
- – CA4.2. Estableceuse un plan de execución das tarefas administrativas.
- – CA4.3. Describíronse os métodos de execución de secuencias de comandos.
- – CA4.4. Identificáronse as ferramentas dispoñibles para redactar secuencias de comandos.
- – CA4.5. Definíronse e utilizáronse secuencias de comandos para automatizar tarefas.
- – CA4.6. Identificáronse os eventos susceptibles de activar disparadores.
- – CA4.7. Definíronse disparadores.
- – CA4.8. Utilizáronse estruturas de control de fluxo.
- – CA4.9. Adoptáronse medidas para manter a integridade e a consistencia da información.
RA5. Mellora o rendemento do sistema aplicando técnicas de monitorización e realizando adaptacións.
- – CA5.1. Identificáronse as ferramentas de monitorización dispoñibles para o sistema xestor.
- – CA5.2. Describíronse as vantaxes e os inconvenientes da creación de índices.
- – CA5.3. Creáronse índices en táboas e vistas.
- – CA5.4. Optimizouse a estrutura da base de datos.
- – CA5.5. Optimizáronse os recursos do sistema xestor.
- – CA5.6. Obtívose información sobre o rendemento das consultas para a súa optimización.
- – CA5.7. Programáronse alertas de rendemento.
- – CA5.8. Realizáronse modificacións na configuración do sistema operativo para mellorar o rendemento do xestor.
RA6. Analiza e aplica criterios de dispoñibilidade, e axusta a configuración do sistema xestor.
- – CA6.1. Recoñeceuse a utilidade das bases de datos distribuídas.
- – CA6.2. Describíronse as políticas de fragmentación da información.
- – CA6.3. Implantouse unha base de datos distribuída homoxénea.
- – CA6.4. Creouse unha base de datos distribuída mediante a integración dun conxunto de bases de datos preexistentes.
- – CA6.5. Configurouse un nodo mestre e varios escravos para levar a cabo a replicación do primeiro.
- – CA6.6. Configurouse un sistema de replicación en cadea.
- – CA6.7. Comprobouse o efecto da parada de determinados nodos sobre os sistemas distribuídos e replicados.