Diferencia entre revisiones de «Reparación e Recuperación»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 18:55 20 abr 2010
Introdución
Aquí irán aplicacións e distribucións específicas para a reparación de equipos e a recuperación de datos.
Hiren's Boot CD
Hiren's BootCD é un CD que contén unha extensa lista de software.
O 9 de Xuño do 2009 lanzouse a versión actual, a 9.9, que contén varias utilidades como:
- Probas de funcionamento do sistema.
- Reproductores multimedia.
- Xestores do MBR.
- Ferramentas da BIOS.
- Cambio o eliminación de contrasinais no equipo.
- Programas de recuperación de datos.
E moitos outros que resolven os posibles problemas dun PC.
Hiren's BootCD considérase Warez polo que contén, ademais de software libre e abandonware, tamén programas con copyright do sistema MS-DOS, polo que se debe ter en conta que ao ser empregado pódese infrinxir a propiedade intelectual.
Enlaces Interesantes:
Inquisitor
Inquisitor é un conxunto de aplicacións open-source para testar e certificar hardware.
Enlaces interesantes:
Super Grub Disk
Super Grub Disk é unha aplicación indicada para o rescate de sistemas: arranque e/ou restauración de arranques, ou o que é o mesmo un simple disco Grub ao cal engadir menús con opcións habituais sen necesidade de usar comandos, que se presenta en diferentes formatos autoarrancables, nun disquete ou nun cdrom ou nun usb e que permite entre outras cousas:
- Activar particións
- Arrancar particións
- Arrancar MBR
- Arrancar o teu antigo SO (un GNU/linux ou outro). En realidade carga o menu.lst do teu computador.
- Restaurar Grub en MBR automaticamente
- Cambiar teclado de consola
- Intercambio de discos duros en BIOS e arranque de disquete, cdrom, particións...
Enlaces Interesantes:
SystemRescueCD
SystemRescueCd é un sistema Linux nun CD-ROM con auto arranque deseñado para a reparación de equipos e a recuperación dos datos despois dunha avaría.
SystemRescueCd 1.0.0 ofrécenos ferramentas como GParted, Parted, e2fsprogs ou xfsprogs e ademais incluíronse navegadores gráficos como Firefox ou Dillo. Baseado en gentoo, en formato mini live-cd de apenas 180 MB. O seu kernel soporta os sistemas de ficheiros máis importantes e máis usados como ext2/ext3, reiserfs, reiser4, xfs, jfs, vfat, ntfs, iso9660 e incluso sistemas de ficheiros de rede (samba e nfs).
Enlaces Interesantes:
TSK e PSK
The Sleuth Kit (TSK) é unha colección de ferramentas de liña de comandos para análise forense de equipos informáticos. TSK conta con ferramentas para o análise dos sistemas de ficheiros que permiten examinar un computador sospeitoso dun modo non intrusivo e obtendo ficheiros eliminados e agochados.
Para facer máis amigable o uso das ferramentas de The Sleuth Kit contamos con PTK que é un frontal de interface gráfica que facilita o traballo. PTK herda todas as características dispoñibles en TSK.
Enlaces Interesantes:
Ultimate Boot CD
Ultimate Boot CD (UBCD) é un CD booteable que contén unha colección de ferramentas, que son de grande utilidade cando o sistema non arranca, entre elas temos:
- Diagnostico del disco duro (Maxtor, Seagate, Samsung, Western Digital y IBM)
- clonación de disco (g4u, hdclone y PC Inspector),
- herramientas de particionamiento (Ranish partition manager, XFdisk, Testdisk, etc.),
- administradores de boot (Smart boot manager, Gujin, etc.),
- examen de la memoria (memtest),
- antivirus (Avast, AVG, McAfee, F-Prot),
- información sobre le sistema (AIDA16, NSIS, etc.)
- recuperación de contraseñas CMOS,
- utilitarios de red.
Enlaces Interesantes: