Diferencia entre revisiones de «Unidade formativa Ofimática (Ciclo SMR)»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(Sin diferencias)

Revisión actual del 22:30 8 mar 2010

Unidade formativa Ofimática do Ciclo SMR

  • Curso:
  • Duración: 140 horas
  • Profesorado: Sistemas e Aplicacións Informáticas

RA1. Instala e actualiza aplicacións ofimáticas, atendendo ás especificacións dadas en distintos contornos de explotación

– CA1.1. Identificáronse e establecéronse as fases do proceso de instalación.
– CA1.2. Identificáronse os requisitos mínimos e óptimos para o funcionamento da aplicación.
– CA1.3. Obtívose a información sobre os compoñentes de hardware e de software instalados no equipamento mediante as utilidades do sistema operativo.
– CA1.4. Respectáronse as especificacións técnicas do proceso de instalación.
– CA1.5. Configuráronse as aplicacións segundo os criterios establecidos.
– CA1.6. Solucionáronse problemas na instalación ou na integración co sistema informático.
– CA1.7. Elimináronse ou engadíronse compoñentes da instalación no equipamento.
– CA1.8. Actualizáronse as aplicacións.
– CA1.9. Respectáronse as licenzas de software.
– CA1.10. Propuxéronse solucións de software para diversos contornos de aplicación.
– CA1.11. Documentáronse as incidencias.
  • Tipos de aplicacións ofimáticas.
  • Tipos de licenzas software.
  • Necesidades dos contornos de explotación.
  • Requisitos das aplicacións.
  • Compoñentes e complementos das aplicacións.
  • Procedementos de instalación e configuración.
  • Diagnóstico e resolución de problemas.

RA2. Elabora documentos e patróns aplicando as opcións avanzadas de procesadores de textos

– CA2.1. Personalizáronse as opcións do procesador de textos e da barra de ferramentas.
– CA2.2. Utilizáronse aplicacións e periféricos para introducir textos e imaxes.
– CA2.3. Importáronse e exportáronse documentos creados con outras aplicacións e noutros formatos.
– CA2.4. Deseñáronse patróns.
– CA2.5. Creáronse e utilizáronse macros na realización de documentos.
– CA2.6. Utilizouse a combinación de correspondencia para o envío masivo de correo.
– CA2.7. Elaboráronse manuais específicos.
  • Estilos e formatos.
  • Combinación de documentos.
  • Creación e uso de patróns.
  • Importación e exportación de documentos.
  • Deseño e creación de macros.
  • Utilización de software e hardware para introducir textos e imaxes.
  • Combinación de correspondencia.
  • Elaboración de documentos de distintos tipos (manuais, partes de incidencias, etc.).

RA3. Elabora documentos e patróns aplicando opcións avanzadas de follas de cálculo

– CA3.1. Personalizáronse as opcións da folla de cálculo e da barra de ferramentas.
– CA3.2. Utilizáronse aplicacións e periféricos para introducir textos, números, códigos e imaxes.
– CA3.3. Utilizáronse os tipos de datos e referencias para celas, rangos, follas e libros.
– CA3.4. Aplicáronse fórmulas e funcións.
– CA3.5. Xeráronse e modificáronse gráficos de diversos tipos.
– CA3.6. Empregáronse macros para a realización de documentos e patróns.
– CA3.7. Importáronse e exportáronse follas de cálculo creadas con outras aplicacións e noutros formatos.
– CA3.8. Utilizouse a folla de cálculo como base de datos: creación de listas, filtraxe, protección e ordenación de datos.
– CA3.9. Creáronse informes de táboas e gráficos dinámicas.
  • Estilos.
  • Uso de fórmulas e funcións.
  • Creación de táboas e gráficos dinámicos.
  • Uso de patróns e asistentes.
  • Importación e exportación de follas de cálculo.
  • Elaboración de documentos de distintos tipos (orzamentos, facturas, inventarios, etc.).
  • Deseño e creación de macros.

RA4. Elabora documentos con bases de datos ofimáticas aplicando operacións de manipulación de datos

– CA4.1. Identificáronse os elementos das bases de datos relacionais.
– CA4.2. Creáronse bases de datos ofimáticas: táboas e relacións entre estas.
– CA4.3. Utilizáronse as táboas da base de datos (para inserir, modificar e eliminar rexistros).
– CA4.4. Utilizáronse asistentes na creación de consultas, formularios e informes.
– CA4.5. Realizouse procura e filtraxe sobre a información almacenada.
– CA4.6. Creáronse e utilizáronse macros.
  • Elementos das bases de datos relacionais.
  • Creación de bases de datos.
  • Manexo de asistentes.
  • Procura e filtraxe da información.
  • Deseño e creación de macros.

RA5. Realiza operacións de xestión do correo e a axenda electrónica, atendendo ás necesidades de uso para a súa configuración

– CA5.1. Describíronse os elementos que compoñen un correo electrónico.
– CA5.2. Analizáronse as necesidades básicas de xestión de correo e axenda electrónica.
– CA5.3. Configuráronse contas de correo electrónico de diversos tipos.
– CA5.4. Conectáronse e sincronizáronse axendas do equipamento informático con dispositivos móbiles.
– CA5.5. Operouse co caderno de enderezos.
– CA5.6. Traballouse con opcións de xestión de correo electrónico (etiquetas, filtros, cartafoles, etc.).
– CA5.7. Utilizáronse opcións de axenda electrónica.
  • Tipos de contas de correo electrónico.
  • Contorno de traballo: configuración e personalización.
  • Patróns e sinaturas corporativas.
  • Foros de noticias (news): configuración, uso e sincronización de mensaxes.
  • Caderno de enderezos: importar, exportar, engadir contactos, crear listaxes de distribución e colocar a listaxe ao dispor doutras aplicacións ofimáticas.
  • Xestión de correos.
  • Xestión da axenda: citas, calendario, avisos, tarefas, etc.
  • Sincronización con dispositivos móbiles.