Diferencia entre revisiones de «BlueJ»
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 23:53 16 sep 2009
BlueJ
BlueJ é un contorno de desenvolvemento Java deseñado específicamente para a ensinanza a un nivel introdutorio. Foi deseñado e implementado polo equipo BlueJ na Deakin University, Melbourne, Australia, e a University of Kent, en Canterbury, UK.
Na seguinte ligazón web BlueJ atopará máis información sobre este IDE. De especial importancia a sección Documentation onde poderá atopar o seguinte Titorial en Español.
Instalación
- Prerequisitos:
- Ter instalado Java: a versión JDK 6 ou a versión JDK 5.
NOTA: Os usuarios de Windows Vista necesitarán usar a versión JDK 6 (ler isto para máis detalles). - Para máis detalles sobre requisitos do Sistema Operativo, como memoria e procesador, ir aquí.
- Ter instalado Java: a versión JDK 6 ou a versión JDK 5.
- Descargar BlueJ na seguinte ligazón http://www.bluej.org/download/download.html
Cambio de Idioma a Español
Por defecto BlueJ traballa coa interface en Inglés, así que para que a interface apareza no idioma Español debemos proceder do seguinte xeito:
- No proceso de instalación escollimos para o programa unha ruta de instalación, co cal dirixímonos a esa ruta de instalación.
- Dentro da ruta de instalación editamos o arquivo bluej.defs que se atopa dentro do cartafol lib.
- Nese arquivo comentamos, pondo un #, diante da liña bluej.language=english
- Descomentamos, eliminando un #, diante da liña bluej.language=spanish
- Reiniciamos ou arrancamos BlueJ.
- Agora a interface xa aparece en Español.
--ricardofc 16 set 2009