Diferencia entre revisiones de «Cotas de disco»
(Sin diferencias)
|
Revisión actual del 10:45 12 may 2009
Que son as cotas de disco
O servizo de cotas permite que os usuarios do noso sistema non consuman máis espazo no disco duro do establecido. Isto conséguese habilitando un límite de ocupación por usuario (usrquota) ou por grupo (grpquota).
As cotas afectan a unha partición determinada, polo tanto, é habitual ter unha partición separada para os directorios home dos usuarios onde se aplican as cotas de disco.
Existen dous límites cando se estable unha cota:
- Límite ríxido ou tope, que non é posible superar e será negado o acceso (bloquearase a conta) en caso de que se supere.
- Límite flexible, que se pode superar nunha cantidade determinada e o usuario só recibirá un aviso de límite excedido. Tras un período de graza - por defecto 7 días, configurable por partición - o límite volverase ríxido.
Instalación e configuración
O paquete co servizo de cotas de disco instálase tecleando o seguinte:
apt-get install quota
Para que o sistema de ficheros soporte o uso de cotas é necesario modificar no ficheiro /etc/fstab a partición onde se queiran aplicar. Se o que se quere é configurar cotas por usuarios na partición /dev/sda1 que inclúe os home dos usuarios habería que incluír o seguinte:
/dev/sda1 /home ext3 defaults,usrquota 0 1
Para configurar cotas por grupos:
/dev/sda1 /home ext3 defaults,grpquota 0 1
E para ambos os duos:
/dev/sda1 /home ext3 defaults,usrquota,grpquota 0 1
Se o que editamos no ficheiro /etc/fstab foi unha nova partición podemos montala tecleando como root:
mount -a
Se a partición xa estaba montada podemos usar o seguinte comando, que permite habilitar as opcións modificadas no ficheiro /etc/fstab sen montar a partición realmente. É útil se a partición está ocupada e non a queremos/podemos desmontar:
mount -o remount /home
Para ver as particións montadas teclearemos:
mount
O sistema de cotas necesita dous ficheiros, quota.user e quota.grp, ubicados no directorio raíz da partición na que se están a aplicar os límites. Estes deben ter permisos de escritura e lectura só para o usuario root:
touch /home/quota.user touch /home/quota.group chmod 600 /home/quota.user chmod 600 /home/quota.group
Xestión das cotas
Hai varios comandos para a xestión das cotas. O primeiro que hai que facer é iniciar o servizo de cotas mediante o seguinte comando:
quotacheck -avugm
Para entender os parámetros teclea:
man quotacheck
A continuación hai que activar a cota na partición correspodente:
quotaon /home
Se quixeramos desactivar as cotas:
quotaoff /home
Por último, a configuración das cotas dos usuarios:
edquota -u usuario
Pódese incluír na edición os límites máximo e flexible para os ficheiros (inodes) e para os bloques. Se un usuario ten cota 0 quere dicir que non ten cota.
Pódese copiar unha mesma configuracion a varios usuarios, neste caso a configuración do usuario1 copiarase ao usuario2 e ao usuario3:
edquota -p usuario1 usuario2 usuario3
Este é o xeito habitual de establecer cotas para grupos de usuarios, xa que as cotas por grupo estabécense para o total do grupo e non para cada usuario pertencente a ese grupo.
Para que un usuario saiba a cota usada utilízase o comando seguinte:
quota -v
Para as cotas por grupo o procedemento é similar:
edquota -g nome_grupo
Para obter informes sobre o uso das cotas, por exemplo, na partición /home, o administrador do sistema empregaría o seguinte comando:
repquota /home
Para ver información sobre as cotas en todas as particións e para usuarios e grupos:
repquota -av
--Arribi 10:45 12 may 2009 (BST)