Diferencia entre revisiones de «Resposta educativa para ANEE»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Línea 15: Línea 15:
** Trastorno grave de conduta.
** Trastorno grave de conduta.
** Trastorno xeralizado do desenvolvemento.
** Trastorno xeralizado do desenvolvemento.
 
* Dificuldades específicas de aprendizaxe. Ex: dislexia.
 
* TDAH: Trastorno de déficit de atención e hiperactividade.
 


== Pautas ==
== Pautas ==

Revisión del 09:34 17 mar 2024

Introdución

O profesorado do IES San Clemente, desde o ano 2019/2020, recibimos formación para dar resposta educativa para alumnado con necesidades especiais (TEA, TDAH, Dislexia, etc).

Este documento agrupa pautas que son comúns para todo o ANEE.

Definicións

ANEAE: Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Inclúe:

  • ANEE: Alumnado con necesidades educativas especiais.
    • Discapacidade.
    • Trastorno grave de conduta.
    • Trastorno xeralizado do desenvolvemento.
  • Dificuldades específicas de aprendizaxe. Ex: dislexia.
  • TDAH: Trastorno de déficit de atención e hiperactividade.

Pautas

1.- Non enfadarnos con eles se non conseguen prestar atención

Da mesma maneira que non nos enfadamos cun alumno cego porque non consegue ver nin cun rapaz en cadeira de rodas porque non consegue subir ao taller, non debemos facelo cos nosos TDAH, de feito para moitos deles é incapacitante. Temos que manter o bo ambiente nas aulas, falarlles con amabilidade, respecto, empatía e paciencia. Como no caso dos rapaces con incapacidades físicas, eles non escolleron ser así.

2.- Evitar a retranca

En especial os TEA non entenden a ironía e collen todo de maneira literal, o que pode dar lugar a confusións, sentimento de desorientación e rexeitamento. Tamén observamos que outros rapaces (pola idade, etc) son moi susceptibles e non aprecian certo tipo de bromas.

3.- Enunciados de tarefas e exames

  • Para non poñer o foco no ANEE, facer un único enunciado e darlles "máis tempo" a todos. Non facer exames a contra reloxo.
  • As preguntas, seguindo a mesma orde que viron en clase.
  • Crear enunciados esquemáticos. Frases curtas.
  • Ter en conta que as preguntas "tipo test" son especialmente complexas para persoas disléxicas.
  • Durante o exame, preguntar se entenden o enunciado e ver como van.
  • Se deixou algún exercicio totalmente en branco, preguntar o motivo.
  • Revisar co alumnado o exame corrixido para ver por que fallaron.
  • Ás veces axuda que poidan levar o exame a casa para que o analicen coa familia e o terapeuta.

4.- Checklist

Ensinarlles a copiar un enunciado a un G Doc e convertilo nunha checklist. Así poderán ir marcando cada paso como realizado antes de saltar ao seguinte.

Dinámica na clase

En especial, con alumnado TEA: as ordes xerais non as interpretan como propias.

  • Facer as explicacións mirando para eles.
  • Achegarse fisicamente un pouco, acenar coa man.
  • Cando teñan que completar un punto, antes de comezar o seguinte, usar Veyon en modo mosaico para comprobar que están todos listos e manter o ritmo.
  • Outro uso de Veyon pode ser escoller algún dos traballos realizados polos alumnos como exemplo para o resto, incluíndo os traballos do alumnado TEA.


Infografia gimp.png

Para aprender unha secuencia de pasos:

  • Crear unha infografía visual que lles permita saber o procedemento case sen ler, que a rescaten mellor e lles axude a fixar os conceptos.
  • É importante que estea sempre presente, nunha esquina da pantalla, e que cando incidamos nela a acompañemos da explicación e do xesto de señalamento de dedos (primeiro, segundo, terceiro...) contando os pasos.
  • Explicarlles que cando o fagamos o xesto dos dedos ou saia nunha foto na pantalla, teñen que estar moi atentos e caerá nos exames.

Orientacións

Orientaciones para profesores de adolescentes con autismo, de María Merino.

Archivo:PautasTEAAsperga.pdf