Diferencia entre revisiones de «Resposta educativa para ANEE»
Línea 27: | Línea 27: | ||
* Revisar co alumnado o exame corrixido para ver por que fallaron. | * Revisar co alumnado o exame corrixido para ver por que fallaron. | ||
* Ás veces axuda que poidan levar o exame a casa para que o analicen coa familia e o terapeuta. | * Ás veces axuda que poidan levar o exame a casa para que o analicen coa familia e o terapeuta. | ||
== Dinámica na clase == | == Dinámica na clase == |
Revisión del 08:10 3 mar 2024
Introdución
O profesorado do IES San Clemente, desde o ano 2019/2020, recibimos formación para dar resposta educativa para alumnado con necesidades especiais (TEA, TDAH, Dislexia, etc).
Este documento agrupa pautas que son comúns para todo o ANEE.
Pautas
1.- Non enfadarnos con eles se non conseguen prestar atención
Da mesma maneira que non nos enfadamos cun alumno cego porque non consegue ver nin cun rapaz en cadeira de rodas porque non consegue subir ao taller, non debemos facelo cos nosos TDAH, de feito para moitos deles é incapacitante. Temos que manter o bo ambiente nas aulas, falarlles con amabilidade, respecto, empatía e paciencia. Como no caso dos rapaces con incapacidades físicas, eles non escolleron ser así.
2.- Evitar a retranca
En especial os TEA non entenden a ironía e collen todo de maneira literal, o que pode dar lugar a confusións, sentimento de desorientación e rexeitamento. Tamén observamos que outros rapaces (pola idade, etc) son moi susceptibles e non aprecian certo tipo de bromas.
3.- Enunciados de tarefas e exames
- Para non poñer o foco no ANEE, facer un único enunciado e darlles "máis tempo" a todos. Non facer exames a contra reloxo.
- As preguntas, seguindo a mesma orde que viron en clase.
- Crear enunciados esquemáticos. Frases curtas.
- Ter en conta que as preguntas "tipo test" son especialmente complexas para persoas disléxicas.
- Durante o exame, preguntar se entenden o enunciado e ver como van.
- Se deixou algún exercicio totalmente en branco, preguntar o motivo.
- Revisar co alumnado o exame corrixido para ver por que fallaron.
- Ás veces axuda que poidan levar o exame a casa para que o analicen coa familia e o terapeuta.
Dinámica na clase
En especial, con alumnado TEA: as ordes xerais non as interpretan como propias.
- Facer as explicacións mirando para eles.
- Achegarse fisicamente un pouco, acenar coa man.
- Sempre que teñan que seguir un exercicio, entrar a buscar imaxes, entrar no correo, cambio de paso na execución ou na tarea, fai pantallazo de mosaico.
Orientacións
Orientaciones para profesores de adolescentes con autismo, de María Merino.