¿Como funciona CSS?

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

O proceso de funcionamento das follas de estilo en cascada é realmente sinxelo:

1º. Hai que comezar cun documento XHTML (ou HTML). En teoría o documento terá unha estrutura lóxica e un significado semántico ó traveso dos elementos XHTML axeitados. Con XHTML créase a estrutura da páxina Web.
2º. Logo hai que escribir regras de estilo para definir o aspecto ideal de todos os elementos. As regras seleccionan o elemento en cuestión polo seu nome e, a continuación, listan as propiedades (fonte, color, etc.) que se lle van a aplicar.
3º. Por último hai que vincúlar os estilos ó documento. As regras de estilo poden reunirse nun documento independente e aplicarse a todo o sitio, ou poden aparecer na cabeceira e aplicarse só a ese documento.