De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
- Os discos virtuais que se asocian ás MVs reciben o nome de VDI (Imaxe de Discos Virtuais).
- Grazas a ter as XenServer Tools instaladas nas MVs, agora poderase facer unha xestión máis axeitada do almacenamento das MVs sen ter que apagalas.
- No caso dos Linux para-virtualizados os dispositivos de bloque son accesibles a través dos dispositivos /dev/xvd*
- O escenario 5.B amosa a MV coa que se vai xestionar o almacenamento en quente.
Estado do almacenamento do host
- Store
Na lapela Storage do host XenServer pódense observar os tipos de dispositivos de almacenamento (DVD/Discos/Recursos compartidos, etc) que está usando o host. Tamén se pode ver o tamaño dos discos e o espazo consumido.
No panel de recursos do host, en Local storage e na lapela Storage pódense ver os discos virtuais creados, o seu tamaño e se están asignados a unha MV, pois a cal.
Xestión de discos en quente en Linux
- A continuación vaise traballar coa MV dMySQL no suposto de que o administrador deste servidor desexase instalar o servidor de Bases de Datos de MySQL, pero gustaríalle ter as BBDD nun disco duro distinto ao do Sistema Operativo.
- Así podería conectalo e desconectalo en quente as veces que quixera. Incluso aumentarlle o tamaño ao disco sen apagar a MV.
Asignar un segundo disco en quente
- Asignar un 1 disco
Na lapela Storage da MV dMySQL vese o disco virtual que ten asignado e onde está instalado o S.O.
Ao acender a MV. Cos comandos df -h vense os puntos de montaxe, xunto cos parámetros do espazo e co comando ls /dev/xvd* vense os dispositivos de disco conectados á MV e a súa distribución de particións.
Na versión 7.X.Y de Debian os puntos de montaxe está facendo uso do uuid da partición. Pódese ver a asociación entre uuids e dispositivos cos comandos:
blkid
ls -l /dev/disk/by-uuid
Na lapela Storage vese que o disco actual está activo. Engadir (Add...) un
... segundo disco de 5 GiB, con nome dmysql-HD2. O nome pode conter espazos.
Vese que aparece o segundo disco e ademais activo. Aproveitamos para cambiar tamén o nome do primeiro disco.
Na mesma consola anterior, volver a executar o comando ls /dev/xvd*, e agora vese que hai un novo disco xvdb. Este disco aínda non ten particións.
Con fdsik -l vese que xvdb non ten táboa de particións.
Uso dun segundo disco pola MV
- Montaxe do disco
Nesta ocasión non se van crear particións e creamos un sistema de ficheiros ext4 directamente en todo o disco xvdb: mkfs.ext4 /dev/xvdb. Quen desexe afondar en como administrar particións en Linux pode consultar o seguinte enlace Administración de discos e particións en Linux
Creamos na raíz do sistema un directorio para realizar nel o punto de montaxe do disco xvdb: mkdir /mysql-db ...
... tamén realizamos a montaxe:
mount /dev/xvdb /mysql-db
Creamos unha carpeta dentro do segundo disdo: mkdir /mysql-db/proba e amosamos o contido do punto de montaxe.
Facemos o punto de montaxe permanente no /etc/fstab engadindo a liña: /dev/xvdb /mysql-db ext4 defaults 0 0.
Aumento do tamaño do disco duro
- Nesta caso vaise apagar a MV para realizar o proceso de aumento de tamaño do disco.
- Pero poderíase realizar con ela acesa:
- Desmontar o disco en dMySql: umount /mysql-db
- Desactivar o disco na lapela Storage,
- Cambiarlle o tamaño
- Volver activar o disco.
- Montar o disco en dMySql con mount ("mount -a" se está a entrada no fstab)
- Executar resixe2fs /dev/xvdb
- Cambio tamaño do disco
Seleccionar o segundo disco ...
Aumentarlle o tamaño a 10 GiB. Este proceso é irreversible unha vez que se aumenta o tamaño do disco non se pode decrecer, pero si volver aumentar.
Acender a MV e vese ao executar df -h que xvdb está montado pero que segue con 5.0 GiB. Vese o seu contido e tamén os puntos de montaxe con mount.
Sen desmontar o disco (non todos os sistemas de ficheiros o soportan) executar o comando: resize2fs /dev/xvdb.
Ao executar df -h vese que o tamaño aumentou e que o contido do disco segue sendo o mesmo.
Na imaxe pódense ver os discos virtuais que hai no host e as MVs ou Templates aos que está asignados.
Activar / desactivar un disco en quente
- Activar /desactivar disco
Desmontar o punto de montaxe: umount /mysql-db
Na lapela Storage desactivar o disco. Agora se se desexase poderíase incrementar o tamaño do disco sen apagar a MV e tal e como se fixo enriba.
Na mesma consola anterior con ls vese que o disco xvdb xa non está.
Volver a activar o disco... E agora executando mount -a xa se volvería a ter o disco accesible a través de /mysql-db.
Conectar / Desconectar un disco en quente
- Activar /desactivar disco
Desmontar o disco no SO dMySql e desactivar o disco na lapela Storage. Logo desconectar o disco: Detach.
Aviso de que a desconexión do disco vai romper a asociación coa MV pero que se van preservar os datos que contén.
A imaxe amosa que o disco desconectado non está asociado a ningunha MV.
Ese disco podería agora conectarse a calquera outra MV. Neste caso vaise conectar á mesma MV da que procedía.
Seleccionar o disco a conectar.
Disco conectado e activo.
Con mount -a o disco volve a estar conectado e conserva os datos.
Xestión de discos en quente en Windows
- Visto o anterior o participante pode practicar coa MV con Windows engadindo e retirando discos, activándoos, desactivándoos, crecéndoos, etc.
- Todo iso sen apagar a MV e dende o Administrador de discos de Windows formatando os volumes e expandíndoos.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 2014)