Rañuras para tarxetas de expansión
Introdución
Unha rañura de expansión, slot ou slot de expansión, é un porto que permite conectar á placa base unha tarxeta adaptadora adicional, dando así máis funcionalidade ó noso PC, en xeral realiza funcións de control de periféricos como monitores, impresoras, unidades de disco, etc.
Slots mais comúns
Os slots de expansión que nos podemos atopar nunha placa base son os seguintes:
ISA (Industry Standard Architecture)
Nome | Ancho BUS | Frecuencia BUS | Taxa transferencia | Obsoleta |
---|---|---|---|---|
ISA 8 bits | 8 bits | 8 Mhz | 8 MB/s | X |
Nome | Ancho BUS | Frecuencia BUS | Taxa transferencia | Empregadas para |
---|---|---|---|---|
ISA 16 bits | 16 bits | 8 Mhz | 16 MB/s | Non se atopan en placas novas
|
MCA (Micro Channel Adapter)
Creada por IBM. Taxa de transferencia: 20 MB/s. Xa está obsoleta.
EISA (Enhanced ISA)
Nome | Ancho BUS | Frecuencia BUS | Taxa transferencia | Obsoleta |
---|---|---|---|---|
EISA | 32 bits | 8 Mhz | 33 MB/s | X |
VLB (Vesa Local Bus)
Tiña unha taxa de transferencia de ata 120 MB/s. Obsoleta.
PCI (Peripherical Component Interconnect)
Nome | Ancho BUS | Frecuencia BUS | Taxa transferencia | Empregadas para |
---|---|---|---|---|
PCI | 32 bits | 33 Mhz | 133 MB/s | Para todo:
|
PCI-64bit | 64 bits | 33 Mhz | 266 MB/s | Adaptadores SCSI |
PCI 66Mhz/64bit | 64 bits | 66 Mhz | 533 MB/s | Adaptadores SCSI |
AGP (Acelerated Graphics Port)
Empregadas para conectar as tarxetas gráficas (substituídas recentemente polas PCI-Express x16).
Nome | Ancho BUS | Frecuencia BUS | Ciclos | Taxa transferencia |
---|---|---|---|---|
AGP | 32 bits | 66 Mhz | 1 | 256 MB/s |
AGPx2 | 32 bits | 66 Mhz | 2 | 533 MB/s |
AGPx4 | 32 bits | 66 Mhz | 4 | 1.066 MB/s |
AGPx8 | 32 bits | 66 Mhz | 8 | 2.133 MB/s |
PCI Express
Este bus está estruturado como carriles punto a punto (LANEs), full-duplex, traballando en serie. Temos varias versións:
- PCIe 1.1 (Gen 1)
- - Velocidade transferencia en bruto (raw bit rate) de 2,5 Gb/s.
- - Codificación 8b/10b que fai unha perda do 20% do ancho de banda.
- - Ancho de banda efectivo: 2,0 Gb/s = 250 MB/s por dirección e por LANE.
- PCIe 2.0 (Gen 2) dobra esta taxa a 500 MB/s.
- - Velocidade transferencia en bruto (raw bit rate) de 5 Gb/s.
- - Codificación 8b/10b que fai unha perda do 20% do ancho de banda.
- - Ancho de banda efectivo: 4,0 Gb/s = 500 MB/s por dirección e por LANE.
- PCIe 3.0 (Gen 3) dobra, de novo, esa taxa (975 MB/s ≈ 1000 MB/s ≈ 1 GB/s por LANE).
- - Velocidade transferencia en bruto (raw bit rate) de 8 Gb/s.
- - Codificación 128b/130b que fai unha perda do 2% do ancho de banda.
- - Ancho de banda efectivo: 7,8 Gb/s = 975 MB/s ≈ 1000 MB/s ≈ 1 GB/s por dirección e por LANE.
- PCIe 4.0 (Gen 4) dobra, de novo, esa taxa (2 GB/s por LANE).
Cada rañura de expansión leva un, dous, catro, oito ou dezaseis LANEs entre a placa base e as tarxetas conectadas. O número de LANEs escríbese cunha x de prefixo (x1 para un carril simple e x16 para unha tarxeta con dezaseis carriles).
Na seguinte táboa vemos o cálculo das velocidades de transferencia para PCIe 1.1.
Nome | Ancho BUS | Frecuencia BUS | Lane | Taxa transferencia | Empregadas, en xeral, para |
---|---|---|---|---|---|
PCI-Express x1 | 1 bit | 2,5 Ghz | 1 | 250 MB/s | Tarxeta de rede |
PCI-Express x2 | 1 bit | 2,5 Ghz | 2 | 500 MB/s | ? |
PCI-Express x4 | 1 bit | 2,5 Ghz | 4 | 1 GB/s | Adaptadoras RAID SCSI e SATA |
PCI-Express x8 | 1 bit | 2,5 Ghz | 8 | 2 GB/s | Adaptadoras RAID SCSI e SATA |
PCI-Express x16 | 1 bit | 2,5 Ghz | 16 | 4 GB/s | Tarxetas gráficas |
PCI-Express x32 | 1 bit | 2,5 Ghz | 32 | 8 GB/s | ? |
- Pódese conectar, sen ningún problema, unha tarxeta x1 nunha rañura x2, x4, x8 ou x16. Iso si, traballaría á súa velocidade (x1). O mesmo que acabamos de comentar con x1 poderiámolo dicir para x2, x4,...
- Tamén existen adaptadores para conectar, por exemplo, unha tarxeta x16 nunha rañura x1. Podemos ver un modelo na seguinte imaxe. Como é normal, a tarxeta nese caso traballaría á velocidade x1.
AMR, CNR, ACR
Empregadas para conectar Módem, Rede e Son. ¡¡Obsoletas!!
Nome | Imaxe |
---|---|
AMR | |
CNR | |
ACR |
Para ver a situación das rañuras de expansión nas placas base e, como estas foron evolucionando ó longo dos anos, podemos acceder á sección "Exemplos de placas base".
--- Volver