Programación do módulo de Servizos en Rede

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Identificación da programación

Identificación do centro

  • Código do centro: 36019402
  • Nome do centro: IES Pazo da Mercé
  • Concello do centro: As Neves
  • Curso académico: 2011-2012

Identificación do ciclo

  • Código da familia profesional: IFC
  • Nome da familia profesional: Informática e comunicacións
  • Código do ciclo: CMIFC01
  • Nome do ciclo: Sistemas microinformáticos e redes
  • Grao: Medio
  • Réxime: Xeral-ordinario

Identificación do módulo profesional e unidades formativas

  • Código do módulo: MP0227
  • Nome do módulo: Servizos en rede
  • Curso:2º
  • Sesións semanais: 9
  • Horas anuais: 157
  • Sesións anuais: 188

Profesorado responsable da programación

  • Elabora a programación: Núria Pérez Crespo
  • Imparte o módulo:

Obxectivos xerais do módulo

Neste módulo o alumnado recibirán información para instalar, configurar e manter os servizos de rede mais comúns, sobre diferentes sistemas operativos.

Os obxectivos que deberá alcanzar o alumno ao rematar este módulo son os seguintes:

  • Coñecer o funcionamento dos principais servizos de rede
  • Identificar e solucionar os problemas que se presente durante a explotación dos servizos de rede, efectuando as correccións necesarias para conseguir un correcto funcionamento.
  • Organizar e desenvolver o traballo asignado, mantendo unhas relacións profesionais axeitadas no contorno de traballo, co resto de compañeiros e compañeiras.
  • Utilizar os medios de consulta dispoñibles para resolver nun tempo razoable supostos non coñecidos e dúbidas profesionais.
  • Procurar información en Internet que resolva dúbidas sobre o funcionamento dos servizos de rede a instalar no servidor.
  • Configurar un servizo DHCP para automatizar a configuración da rede.
  • Instalar e configurar un servizo DNS para a resolución de nomes na rede.
  • Instalar e configurar un servizo de transferencia de arquivos entre equipos conectados en rede.
  • Empregar o servizo de FTP, comprobando o seu correcto funcionamento.
  • Instalar e configurar un servizo de correo electrónico na rede.
  • Facer uso do servizo de correo electrónico, comprobando que funciona correctamente.
  • Instalar e configurar un servizo web, que permita aloxar páxinas web dos usuarios.
  • Diagnosticar e resolver os problemas de funcionamento dos servizos instalados, anotando as incidencias atopadas.
  • Instalar e configurar métodos de acceso remoto, e comprobar o seu funcionamento en modo texto e en modo gráfico.
  • Instalar e configurar un servizo proxy para controlar e optimizar o acceso a internet

Concreción do currículo ás características do ámbito produtivo

O módulo “Aplicacións Web” pertence ao ciclo de Formación Profesional de grao medio “Sistemas Microinformáticos e Redes”, que ten unha duración de 2.000 horas ao longo de 2 cursos académicos, ao que lle corresponde o título de “Técnico en sistemas microinformáticos e redes”. Este módulo impártese durante o segundo curso.

O desenvolvemento curricular de este módulo ten como referencia de partida o Real Decreto 1691/2007, do 14 de decembro (BOE nº 3446 do 17 de xaneiro de 2008), onde se establece o currículo do ciclo “Sistemas Microinformáticos e Redes”.

Desenvolvemento curricular das unidades didácticas

Unidade didáctica 1: Servizo DHCP (Protocolo de configuración dinámica de estación)

Obxectivos didácticos

  • Instalar e configurar o servidor de DHCP en Windows e Linux e xestionar as propiedades básicas.
  • Definir e xestionar os ámbitos, reservas de direccións e propiedades asignadas aos equipos clientes por parte do servidor DHCP.
  • Configurar os equipos clientes para facer uso do servizo de configuración dinámica de sistemas, de acordo coas especificacións recibidas.
  • Utilizar as ferramentas de diagnóstico do servizo de DHCP para detectar e corrixir posibles problemas de configuración.

Contidos

  • Non separar conceptuais, procedimentais e actitudinais
  • Uso e obxectivos do servizo DHCP.
  • Características e funcionamento do servizo DHCP.
  • Instalación e configuración do servizo de DHCP en Windows en Linux.
  • Configurar: ámbitos, reservas, concesións, exclusións
  • Configuración do cliente DHCP.

Actividades

  • Documentarse sobre os conceptos fundamentais do protocolo.
  • Instalar nun servidor o servizo DHCP en Linux e Windows.
  • Configurar o servidor DHCP atendendo a os requisitos establecidos.
  • Configurar o cliente para que faga uso do servizo instalado no servidor.
  • Comprobar a concesión de IP realizadas polo servidor DHCP

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA1: CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7

Unidade didáctica 2: Servizo DNS (Sistema de nomes de dominio)

Obxectivos didácticos

  • Instalar e configurar o servidor de DNS en Windows e Linux e xestionar as propiedades básicas.
  • Definición e xestión de zonas no servidor de DNS.
  • Configurar os equipos clientes para facer uso do servizo de DNS de acordo coas especificacións recibidas.
  • Utilizar as ferramentas de diagnóstico do servizo de DNS para detectar e corrixir posibles problemas de configuración.

Contidos

  • Uso e obxectivos do servizo de DNS.
  • Características e funcionamento do servizo DNS.
  • Proceso de resolución de nomes de dominio
  • Servizos raíz e dominios de primeiro nivel e sucesivos
  • Zonas primarias e secundarias
  • Transferencia de zona
  • Tipos de rexistros
  • O cliente DNS.

Actividades

  • Documentarse sobre os conceptos fundamentais do servizo DNS
  • Instalar e configurar o servizo de DNS en Windows en Linux de acordo coas especificacións recibidas:
    • Definir e configurar zonas de busca directas e inversas.
    • Crear de entradas e alias nas zonas do servidor.
    • Configurar as propiedades do servidor DNS.
    • Definir e configurar subdominios e delegacións de zonas.
  • Configurar o cliente DNS.
  • Manexar as ferramentas de diagnóstico para poder detectar e corrixir problemas de configuración

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA2: CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.8

Unidade didáctica 3: Servizo HTTP (Protocolo de Transferencia de HiperTexto)

Obxectivos didácticos

  • Instalar e configurar o servidor web en Windows e Linux e xestionar as propiedades básicas, publicar páxinas e xestionar os métodos de acceso ás mesmas.
  • Facer uso dos rexistros do servidor web para analizar os accesos e o funcionamento do mesmo.
  • Manexar e configurar correctamente as opcións máis importantes dos navegadores web máis utilizados.

Contidos

  • Características e funcionamento do servizo HTTP (Web).
  • Características dun cliente HTTP (navegador web).
  • Establecemento de conexións seguras
  • Acceso anónimo e autentificado. Métodos de autentificación.

Actividades

  • Documentarse sobre os conceptos fundamentais do protocolo HTTP
  • Instalar o servidor IIS en Windows e configurar as súas propiedades máis importantes (porto no que escoita, ficheiros de rexistro, etc.).
  • Configurar as opcións do servidor web predeterminado, o seu rendemento e o directorio de almacenamento das páxinas web.
  • Publicar páxinas no servidor IIS.
  • Creación de novos sitios web con IIS.
  • Creación e configuración de directorios virtuais e alias con IIS.
  • Restrición de permisos para o acceso ao servidor IIS.
  • Instalar o servidor Apache en Linux e os distintos módulos dispoñibles para o mesmo.
  • Configurar as súas propiedades máis importantes de Apache (porto no que escoita, ficheiros de rexistro, etc.).
  • Publicar páxinas no servidor Apache.
  • Creación de novos sitios web con Apache.
  • Creación e configuración de directorios virtuais e alias con Apache.
  • Restrición de permisos para o acceso co servidor Apache.
  • Configurar o servizo web seguro (https).
  • Configurar os parámetros máis importantes (conexións, seguridade, privacidade, ficheiros temporais, aparencia, etc.) dos navegadores web máis utilizados.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA5: CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.9

Unidade didáctica 4: Servizo FTP (Protocolo de transferencia de ficheiros)

Obxectivos didácticos

  • Instalar e manexar distintos clientes FTP, tanto en modo comandos como en modo gráfico.
  • Instalar e configurar as propiedades básicas do servizo FTP con Windows e Linux.
  • Definir conexións anónimas ou autentificadas sobre o servidor FTP.
  • Publicar, subir e baixar ficheiros do servidor.
  • Definir distintos sitios FTP sobre o mesmo servidor en base a requirimentos de nome, dirección IP ou número de porto.
  • Restrinxir os permisos sobre os ficheiros do servidor en base aos requirimentos recibidos.
  • Coñecer os principais comandos de FTP.

Contidos

  • Conexións anónimas ou autentificadas
  • Permisos, cotas, límite de ancho de banda
  • Conexión de datos e de control
  • Comandos de control, autentificación e xestión de transferencia de ficheiros.
  • Transferencia en modo texto e modo binario
  • Modo activo e modo pasivo.

Actividades

  • Documentarse sobre os conceptos fundamentais do protocolo
  • Instalar o servidor IIS en Windows e configuralo como servidor FTP, definindo restricións de acceso e distintos sitios FTP.
  • Instalar o servidor Proftpd en Linux e configurar as súas propiedades máis importantes, definindo restricións de acceso e distintos sitios FTP.
  • Facer uso dos servidores FTP instalados, empregando diferentes clientes.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA3: CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.7

Unidade didáctica 5: Servizo de correo electrónico

Obxectivos didácticos

  • Instalar e configurar as propiedades máis importantes do servizo de correo electrónico en base aos requirimentos recibidos.
  • Definir de contas de acceso aos buzóns do servidor de correo.
  • Configurar os protocolos de recepción de correo electrónico no servidor de correo.
  • Configurar o cliente de correo para o envío e recepción de correos con unha conta nun servidor determinado.

Contidos

  • Características e funcionamento do servizo de correo electrónico.
  • Protocolos de envío e recepción de correo electrónico: SMTP, POP3, IMAP, etc.
  • Reenvío de correo non desexado
  • Protocolos e servizos de descarga de correo

Actividades

  • Documentarse sobre os conceptos fundamentais do servizo de correo
  • Instalar o servidor de correo en Windows e Linux, configurando as súas propiedades básicas e definir disintas contas de correos sobre eles.
  • Instalar distintas ferramentas clientes de manexo de correo en Windows e Linux, e configuralas para acceder ás contas de correo definidas no servidor.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA4: CA4.1, CA4.2, CA4.3, CA4.4, CA4.5, C41.6, CA4.7

Unidade didáctica 6: Servizos de acceso e administración remota

Obxectivos didácticos

  • Ofrecer asistencia remota a usuarios finais.
  • Monitorizar e xestionar servidores de forma remota, facilitando a labor do administrador.
  • Facilitar a comunicación e o traballo en grupo dentro da empresa
  • Manexar ferramentas de escritorio remoto e control remoto (vnc).
  • Instalar e configurar distintos servizos de acceso remoto en base aos requirimentos indicados.
  • Manexar as distintas ferramentas de cliente para o acceso remoto.

Contidos

  • Terminais en modo texto e en modo gráfico
  • Protocolos de acceso
  • Protocolos de administración remota

Actividades

  • Documentarse sobre os conceptos fundamentais sobre o servizo de acceso e administración remota
  • Manexar a ferramenta de escritorio remoto de Windows.
  • Instalar o servizo de servidor de terminais en Windows, configurando as súas propiedades máis importantes.
  • Monitorizar e xestionar o servizo de servidor de terminais en Windows.
  • Instalar e configurar os servizos telnet e ssh de acceso en modo comandos en Linux.
  • Manexar as ferramentas cliente de telnet e ssh.
  • Habilitar o servidor de acceso remoto en modo gráfico en Linux.
  • Instalar o servizo NX en Linux
  • Manexar as ferramentas cliente para o acceso remoto dende Windows e dende Linux.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA6: CA6.1, CA6.2, CA6.3, CA6.5

Unidade didáctica 7:Servizo de proxy

Obxectivos didácticos

  • Instalar e configurar as propiedades básicas do servizo proxy con Linux.
  • Configurar os distintos navegadores web para o acceso a Internet a través dun proxy.
  • Definir restricións de acceso a Internet no servidor proxy en base aos requirimentos recibidos.
  • Xestionar a caché para manter un rendemento óptimo do servidor proxy.

Contidos

  • Características e funcionamento do servizo proxy.
  • Encamiñamento de tráfico entre redes
  • Filtraxe de tráfico entre redes

Actividades

  • Documentarse sobre o servizo de proxy
  • Instalar o servidor proxy squid en Linux e configurar as súas propiedades máis importantes.
  • Configurar os navegadores web para conectarse a Internet a través dun servidor proxy.
  • Definir restricións de acceso a Internet no servidor squid en base ás direccións dos clientes.
  • Instalar o servidor squidGuard e configuralo para restrinxir o acceso a Internet a servidores web determinados.

Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

Nesta unidade didáctica abórdanse os seguintes resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación definidos no currículo do ciclo:

  • RA8: CA8.1, CA8.2, CA8.3, CA8.4, CA8.6, CA8.8, CA8.9, CA8.10

Contidos mínimos

Os contidos mínimos imprescindibles para a superación do módulo son os seguintes:

  • Instalación e configuración do servizo de DHCP en Windows e Linux.
    • Configuración de ámbitos.
    • Configuración de reservas.
  • Configuración do cliente DHCP.
  • Ferramentas de diagnóstico do servizo de DHCP.
  • Instalar e configurar o servizo de DNS en Windows e en Linux de acordo coas especificacións recibidas:
    • Definir e configurar zonas de busca directas e inversas.
    • Crear de entradas e alias nas zonas do servidor.
    • Configurar as propiedades do servidor DNS.
    • Definir e configurar subdominios e delegacións de zonas.
  • Configurar o cliente DNS.
  • Manexar as ferramentas de diagnóstico para poder detectar e corrixir problemas de configuración.
  • Instalar o servidor IIS en Windows e configurar as súas propiedades máis importantes (porto no que escoita, ficheiros de rexistro, etc.).
  • Configurar as opcións do servidor web predeterminado, o seu rendemento e o directorio de almacenamento das páxinas web.
  • Publicar páxinas no servidor IIS.
  • Creación de novos sitios web con IIS.
  • Restrición de permisos para o acceso ao servidor IIS.
  • Instalar o servidor Apache en Linux e os distintos módulos dispoñibles para o mesmo.
  • Configurar as propiedades máis importantes de Apache (porto no que escoita, ficheiros de rexistro, etc.).
  • Publicar páxinas no servidor Apache.
  • Creación de novos sitios web con Apache.
  • Restrición de permisos para o acceso co servidor Apache.
  • Configurar os parámetros máis importantes (conexións, seguridade, privacidade, ficheiros temporais, aparencia, etc.) dos navegadores web máis utilizados.
  • Instalar e manexar distintas ferramenta de cliente FTP sobre Windows e Linux, subir e baixar ficheiros a servidor web existentes.
  • Instalar o servidor IIS en Windows e configurar as propiedades básicas do servizo FTP.
  • Definir distintas restricións de acceso sobre o servidor IIS.
  • Instalar o servidor Proftpd en Linux e configurar as súas propiedades básicas.
  • Definir distintas restricións de acceso sobre o servidor Proftpd.
  • Instalar o servidor proxy squid en Linux e configurar as súas propiedades máis importantes.
  • Configurar os navegadores web para conectarse a Internet a través dun servidor proxy.
  • Definir restricións de acceso a Internet no servidor squid en base ás direccións dos clientes.
  • Instalar o servizo de correo electrónico en Windows e en Linux e configurar as súas propiedades máis importantes.
  • Definir contas de correo no servidor.
  • Configurar os programas cliente para o acceso ás contas de correo do servidor.
  • Manexar ferramentas de escritorio remoto e control remoto (vnc).
  • Instalar e configurar distintos servizos de acceso remoto en base aos requirimentos indicados.
  • Manexar as distintas ferramentas de cliente para o acceso remoto.

Metodoloxía

As sesións de traballo son todas de carácter práctico, aínda que ocasionalmente se poidan desenvolver contidos teóricos.

Nunha sesión inicial daranse a coñecer ó alumnado as normas de traballo no taller, que deberán ser cumpridas para un correcto funcionamento do aula.

O alumnado empregará un ordenador, facéndose responsable do seu equipo así como dos recursos da rede que empregue.

Para o seguimento do módulo empregarase unha ferramenta de aprendizaxe a distancia, moodle, para desenvolver os contidos en forma de curso temporalizado. Cada tema do curso contará cos seguintes apartados:

1.Aprendizaxe de contidos teóricos, buscando información en internet, que permita ao alumnado familiarizarse coa procura de información, para coñecer conceptos teóricos.

2.Realización de cuestionarios, que avalíen os coñecementos adquiridos no apartado anterior.

3.Realización de actividades prácticas, nas que, a partir das indicacións do profesorado, o alumnado porá en funcionamento os diferentes servizos que se inclúen nas distintas unidades didácticas.

O resultado destas actividades serán entregados ao profesor empregando o moodle, en tempo e forma, segundo se indique no enunciado de cada tarefa.

4.En ocasións o alumnado, realizará traballos de investigación bibliográfica sobre un tema proposto polo profesor. Estes traballos poderán ser expostos na clase co obxectivo de que todos os compañeiros poidan analizar e comparar as conclusións obtidas individualmente.

Para a instalación e manexo dos servizos que se indican nas unidades didácticas, o alumnado empregará un rede virtual implementada sobre máquinas virtuais, en sistema operativo Windows e Linux.

Temporalización

Na seguinte táboa recóllense as sesións (de 50 minutos) adicadas a cada unha das unidades didácticas nas que se distribúen os contidos do módulo:

Unidade didáctica Sesións
U.D. 1: Servizo DHCP 20
U.D. 2: Servizo DNS 35
U.D. 3: Servizo WEB 40
U.D. 4: Servizo FTP 25
U.D. 5: Servizo de correo electrónico 30
U.D. 6: Acceso remoto e administración remota 20
U.D. 7: Servizo de Proxy 18

Avaliación

Instrumentos de avaliación

Inicialmente procederase a realizar unha proba inicial para establecer o nivel de coñecementos, capacidades e habilidades que o alumno ten, en relación cos contidos a desenvolver neste módulo.

Terase en conta a asistencia continuada a clase, xa que se considera un requisito fundamental para acadar os obxectivos deste módulo.

Tamén se valorará positivamente a participación na clase, así como a boa disposición para o traballo durante as sesións no taller. É importante insistir que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte do alumnado é fundamental, podendo restar ata un 30% da nota final aqueles comportamentos en clase de graves faltas de disciplina que impidan o transcurso normal das clases.

Durante cada trimestre o alumnado terá que resolver os cuestionarios de cada unidade didáctica, empregando a aula virtual.

As tarefas realizadas polo alumnado, deberán ser entregados en prazo e forma ao profesor empregando a aula virtual, para que poidan ser validados.

O rematar cada trimestre realizarase unha proba que permita comprobar a consecución por parte dos alumnos, dos obxectivos expresados nesta programación.

Sistemas de cualificación

Serán avaliados os seguintes conceptos, que teñen un peso na nota da avaliación.

Concepto Nota
Participación e desemvolvemento das clases 10 %
Cuestionarios das unidades didácticas 10%
Tarefas das unidades didácticas 20 %
Proba trimestral 60 %

A cualificación final da avaliación será un número enteiro de 1 a 10, resultado de redondear os resultados obtidos seguindo a táboa anterior.

Considéranse aprobados aqueles alumnos e alumnas que obteñan unha cualificación igual ou superior a 5.

Tendo en conta que o correcto comportamento e colaboración na clase por parte dos alumnos é fundamental para o desenvolvemento do módulo, poderase restar ata un 30% da nota final a aqueles alumnos que presenten faltas de comportamento graves que impidan o transcurso normal das clases ou que provoquen deterioros intencionados no material utilizado.

Os alumnos que non superen algunha das avaliacións, serán avaliados nunha convocatoria final no mes de xuño, realizando durante o terceiro trimestre tarefas de recuperación que posibiliten acadar os obxectivos mínimos.

O rematar cada avaliación entregarase un cuestionario para recoller a opinión do alumno acerca do desenvolvemento das clases, coa finalidade de orientar ao profesor e mellorar a seu labor docente. O carácter anónimo do cuestionario, pretende lograr a máxima sinceridade e obxectividade nas respostas.

Plan extraordinario de avaliación

Para o alumnado que perda o dereito a avaliación continua, ou ben aquel alumnado que non supere o proceso ordinario de avaliación, poderá presentarse a avaliación final extraordinaria do módulo consistirá, que consistirá na realización dunha ou varias probas escritas ou prácticas que avalíen os contidos mínimos recollidos nesta programación.

Actividades de recuperación

O alumnado que non supere o módulo na última avaliación, realiazará as seguintes actividades de recuperación durante o terceiro trimestre:

  • Instalar nun servidor o servizo DHCP en Linux e Windows.
  • Configurar o servidor DHCP atendendo a os requisitos establecidos.
  • Configurar o cliente para que faga uso do servizo instalado no servidor.
  • Comprobar a concesión de IP realizadas polo servidor DHCP
  • Instalar e configurar o servizo de DNS en Windows en Linux de acordo coas especificacións recibidas:
    • Definir e configurar zonas de busca directas e inversas.
    • Crear de entradas e alias nas zonas do servidor.
    • Configurar as propiedades do servidor DNS.
    • Definir e configurar subdominios e delegacións de zonas.
  • Configurar o cliente DNS.
  • Manexar as ferramentas de diagnóstico para poder detectar e corrixir problemas de configuración
  • Instalar o servidor IIS en Windows e configurar as súas propiedades máis importantes (porto no que escoita, ficheiros de rexistro, etc.).
  • Configurar as opcións do servidor web predeterminado, o seu rendemento e o directorio de almacenamento das páxinas web.
  • Publicar páxinas no servidor IIS.
  • Creación de novos sitios web con IIS.
  • Creación e configuración de directorios virtuais e alias con IIS.
  • Restrición de permisos para o acceso ao servidor IIS.
  • Instalar o servidor Apache en Linux e os distintos módulos dispoñibles para o mesmo.
  • Configurar as súas propiedades máis importantes de Apache (porto no que escoita, ficheiros de rexistro, etc.).
  • Publicar páxinas no servidor Apache.
  • Creación de novos sitios web con Apache.
  • Creación e configuración de directorios virtuais e alias con Apache.
  • Restrición de permisos para o acceso co servidor Apache.
  • Configurar o servizo web seguro (https).
  • Configurar os parámetros máis importantes (conexións, seguridade, privacidade, ficheiros temporais, aparencia, etc.) dos navegadores web máis utilizados.
  • Instalar o servidor IIS en Windows e configuralo como servidor FTP, definindo restricións de acceso e distintos sitios FTP.
  • Instalar o servidor Proftpd en Linux e configurar as súas propiedades máis importantes, definindo restricións de acceso e distintos sitios FTP.
  • Facer uso dos servidores FTP instalados, empregando diferentes clientes.
  • Instalar o servidor de correo en Windows e Linux, configurando as súas propiedades básicas e definir disintas contas de correos sobre eles.
  • Instalar distintas ferramentas clientes de manexo de correo en Windows e Linux, e configuralas para acceder ás contas de correo definidas no servidor.
  • Manexar a ferramenta de escritorio remoto de Windows.
  • Instalar o servizo de servidor de terminais en Windows, configurando as súas propiedades máis importantes.
  • Monitorizar e xestionar o servizo de servidor de terminais en Windows.
  • Instalar e configurar os servizos telnet e ssh de acceso en modo comandos en Linux.
  • Manexar as ferramentas cliente de telnet e ssh.
  • Habilitar o servidor de acceso remoto en modo gráfico en Linux.
  • Instalar o servizo NX en Linux
  • Manexar as ferramentas cliente para o acceso remoto dende Windows e dende Linux.
  • Instalar o servidor proxy squid en Linux e configurar as súas propiedades máis importantes.
  • Configurar os navegadores web para conectarse a Internet a través dun servidor proxy.
  • Definir restricións de acceso a Internet no servidor squid en base ás direccións dos clientes.
  • Instalar o servidor squidGuard e configuralo para restrinxir o acceso a Internet a servidores web determinados.

Atención ao alumnado con necesidades educativas especiais

Durante o desenvolvemento do curso prestarase especial atención ao alumnado que presente necesidades educativas especiais ou algún grao de discapacidade, mediante unha secuenciación diferenciada das unidades didácticas, a realización dun maior número de actividades graduadas en dificultade e poñendo á súa disposición os recursos necesarios para a consecución dos obxectivos didácticos fixados nas distintas unidades.

Seguimento e avaliación da programación

No desenvolvemento do curso, farase uso de diversos mecanismos para facer un seguimento e avaliación do planificado na presente programación:

  • De xeito continuo, o profesor avaliará na clase a medida en que o alumnado acada de forma xeral os obxectivos fixados nas distintas unidades didácticas. En consecuencia, poderase decidir incidir en determinados contidos e/ou actividades, aumentando se se considera necesario o número de sesións adicadas a unha determinada unidade.
  • Ao remate de cada trimestre, o alumnado cubrirá unha enquisa na que valorará diversos aspectos do desenvolvemento do módulo, como a metodoloxía utilizada, as actividades realizadas, os recursos usados, os contidos expostos, etc. O resultado destas enquisas serán utilizados para aplicar as correccións que se consideren oportunas no propio desenvolvemento do curso, así como en vindeiros cursos académicos.
  • O profesor recollerá a temporalización real das distintas unidades didácticas, co obxectivo de poder corrixir no propio curso os desfases detectados fronte a temporalización prevista e precisar mellor a temporalización das unidades en vindeiros cursos académicos.

Materiais e recursos didácticos

O profesor proporcionará ao alumnado diverso material través da aula virtual, para desenvolver os contidos indicados nesta programación.

O alumnado terá a súa disposición o libro de aula “Servizos en red” da editorial McGraw-Hill, que servirá de consulta para a realización das prácticas.

Porén, neste segundo curso, e dado que o alumnado xa está próximo a afrontar a súa entrada no mundo laboral, fomentarase a utilización de manuais de referencia e documentación en Internet, co obxectivo de conseguir que as alumnas e alumnos sexan autónomos e poidan resolver polos seus propios medios os problemas que se poidan atopar no contorno laboral. Para conseguilo, o profesor orientará ao alumnado indicando as técnicas de busca máis axeitadas para atopar a información necesario facendo uso deste tipo de recursos

Cada alumno contará con un ordenador para realizar as actividades das clases, e o profesor con un ordenador con canón proxector para expoñer os contidos das mesmas.

Para a realización das tarefas prácticas das unidades didácticas, farase uso de máquinas virtuais que permiten traballar nunha rede virtual baixo os sistemas operativos de Windows e Linux.