O Escritorio e a aparencia de Ubuntu

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Veranse a continuación os distintos elementos que permitirán personalizar a contorna de traballo: o escritorio, os menús, as aplicacións, etc.

Comécese vendo unha síntese do que se vai atopar nesta sección. Selecciónese o vídeo no formato que se desexe, só son 14:33 mn.. Está en inglés perfecto, pero como se sabe unha imaxe vale máis que ....

O escritorio

O escritorio Gnome a diferenza do escritorio KDE caracterízase por ter 2 barras, chamadas paneis. Un panel superior e outro inferior, por defecto.

Os paneis

Platega U810 Escritorio Paneis 01A.jpg

Tanto o panel superior como o inferior teñen unha serie de elementos que se estudarán posteriormente.


A seguinte imaxe amosa os paneis cambiados de sitio: o panel superior está á esquerda e o o inferior á dereita. Hai dúas formas de facelo: a configuración da imaxe fíxose premendo sobre o panel en cuestión (naqueles lugares onde non houbera ningún elemento), espérase a que apareza unha man no punteiro do rato e logo arrastrase o panel ó lugar desexado (NOTA: En Ubuntu 10.10 non está habilitada esta forma de desprazar os paneis, así que o poderemos facer utilizando a opción que se explica a continuación).

Platega U810 Escritorio Paneis 02A.jpg

Propiedades dos paneis

A outra forma de movelos e de cambiar moitas das súas propiedades é premendo co botón dereito do rato sobre un anaco do panel onde non haxa elementos.

Platega U810 Escritorio Paneis 03.jpeg


Os elementos do panel

Todos os elementos cantos hai nos paneis poden ser movidos de lugar, eliminados, configurados, etc. Para que se entenda comezarase por agregar elementos ó panel.


A continuación amosaranse unha serie de elementos que poden ser engadidos ó panel. Se por calquera circunstancia se eliminase un dos elementos dos que vén configurado por defecto no sistema, sempre se podería volver a engadir. Vanse subliñar os elementos máis comúns e sobre todo os que veñen por defecto en cada un dos dous paneis. Recoméndase que para familiarizarse con eles é bo premer en dada un deles co botón dereito e seleccionar o menú: Sobre ou Acerca de. Así obterase o nome do mesmo. Véxase que tanto no panel superior como no inferior hai dous elementos que son dúas barras verticais punteadas, explicaranse nas seguintes imaxes.


Moitas veces os usuarios sen querer, moven os paneis, eliminan elementos dos mesmos. Agora xa se ten unha idea máis clara de como funcionan os paneis e os seus elementos.

As iconas do panel

Nos paneis aparte de elementos tamén hai Iconas que son accesos directos a distintas aplicacións. É o caso das tres iconas asociadas ó Navegador Mozilla Firefox, ó lector de correo e á Axuda (En Ubuntu10.10, só atoparemos por defecto a icona de Mozilla Firefox).


A continuación amósase como crear accesos directos ás aplicacións tanto no panel como no escritorio.


Espazos de traballo

No xestor de escritorios GNOME e KDE é posible ter varios escritorios. En cada un deles cada usuario pode ter distintas aplicacións abertas.


O Lixo

Cando se borra un documento ou unha carpeta esta vai para a papeleira, para O lixo

As iconas no escritorio

No escritorio pódense crear accesos directos ou lanzadores.

Tamén se pode crear un iniciador de xeito manual.

A resolución da pantalla

A continuación verase o modo no que se pode cambiar a resolución da pantalla e no caso de ter dous monitores conectados (moi usado hoxe en día grazas ós portátiles) ó ordenador como poder configuralos. Cada usuario pode ter un configuración de pantalla distinta.


Protector de pantalla

Cada usuario pode configurar o protector de pantalla ou salva pantallas propio.


Sesións

A utilidade Sesións ou Aplicativos de inicio (en Ubuntu 10.10) serve para indicar que programas se deben executar cando cada usuario inicia sesión. Cada usuario pode ter a súa propia configuración

Coñecer o nome dunha aplicación

Xa se viu nun apartado anterior como poder coñecer o nome dunha aplicación. Repetirase outra vez nesta ocasión:

Información do usuario e contrasinal

O usuario pode completar a información existente sobre si mesmo a través desta utilidade. Ademais de poder cambiar o contrasinal. Cada usuario pode configurar a información que desexe sobre si mesmo.

Ventá de inicio de sesión

Nota: Esta sección non aplicable á versión 10.10 de Ubuntu, pois o GNOME (o xestor gráfico de de escritorio) foi totalmente feito de novo, e este apartado, da ventá de inicio de sesión, ten unhas opcións moi limitadas en comparación coas versións anteriores.

En Ubuntu 10.10, podemos configurar dende o menú Sistema->Administración->Pantalla de acceso se queremos que o sistema arranque automaticamente con un usuario determinado ou que se nos solicite o nome de usuario e contrasinal do usuario co que se iniciará a sesión. Tamén podemos indicar se queremos que se mostre a lista de usuarios existentes para seleccionar un deles no inicio de sesión (adecuado para contornos domésticos, no que hai poucos usuarios) ou queremos que o usuario introduza co teclado o seu nome de usuario (mais conveniente cando hai moitos usuarios, por exemplo, se nun centro cada alumno/a e profesor/a ten un usuario diferente). Outra opción que temos dispoñible é a de indicar o tipo de sesión por defecto que queremos que abran os usuarios (o habitual será unha sesión de Ubuntu Edición de Escritorio).

Estes cambios na configuración só os pode realizar aquel usuario que teña permisos de administración. Lémbrese que o primeiro usuario que se dá de alta ten esa particularidade:

Captura-de-pantalla-Configuración da pantalla de acceso.png

Nas versións 9.04 e anteriores servía para configurar, entre outras cousas, a aparencia da pantalla na que os usuarios introducen o seu nome e contrasinal, a seguranza para iniciar sesión, etc.

Xestión de menús

Cada usuario pode configurar que é o que desexa ver nos menús principais.


Aparencia

Serve para personalizar a forma na que se vai ver o escritorio, os menús, as imaxes, os botóns, etc. Cada usuario pode configurar a súa propia aparencia.

O fondo do escritorio

O fondo do escritorio pode ter unha imaxe ou unha cor.

Temas

O tema afecta a varias partes do escritorio: cores dos menús, formato dos botóns e dos bordos das ventás, etc.

Máis opcións de aparencia

En aparecendo tamén se pode cambiar os tipos de letra do escritorio, a interface deste e dispoñer de efectos visuais.

Mais vídeos complementarios

Tour polo menú aplicacións

Seleccionar o formato que mellor se axeite. O vídeo dura 32:58 mn.. Tamén está en inglés.

O menú Lugares e o menú Sistema

Igual que antes selecciónese o formato do vídeo que mellor se axeite. Neste caso o vídeo dura 25:59 mn e tamén está en inglés...perfecto!!!


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez 01:05 11 feb 2009 (GMT)