Multipath I/O (MPIO). Configuración iSCSI MPIO en FreeNAS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Características e funcionamento de Multipath I/O (MPIO)

  • MPIO é un protocolo que:
    • Só opera con conexións iSCSI.
    • Balancea o tráfico (aínda que só haxa unha soa conexión orixe-destino) por todos os camiños dispoñibles entre o orixe e o destino da comunicación.
    • Cada interface de rede que participa en MPIO ten a súa configuración IP, non se crea ningún interface virtual.
    • Só no iniciador iSCSI hai que facer unha operación cos dispositivos iSCSI, pois aínda que só nos conectemos a un target, imos ter tantos targets como rutas haxa para alcanzar a NAS. Pero non hai que facer nada a nivel IP, salvo configurar as tarxetas.


Diferenzas entre Bond e MPIO
  • A imaxe da esquerda amosa un equipo cunha soa IP que se conecta a unha NAS que comparte por NFS, segundo a técnica de Bond que usen, poderá usar: un dos camiños ou os dous.
  • A imaxe da dereita amosa un equipo con 2 IPs conectado a unha NAS/SAN que presenta dispositivos iSCSI. Neste caso en calquera transmisión vaise balancear a carga polos 2 camiños, salvo que caia un.

Escenario a virtualizar

  • Nos seguintes puntos vaise ver como se realiza o proceso MPIO con iSCSI, tanto en Linux como en Windows.
  • Un exemplo do que se pretende é:

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 03 H.jpg

Configuración dos interfaces de rede en FreeNAS

  • Comezaremos configurando as dúas interfaces de rede que van participar no MPIO.

Configuración do destino iSCSI en FreeNAS

  • Dos 3 discos iSCSI dos que se dispoñía vaise traballar só con 1: o disco2.
  • Vanse cambiar as configuracións de iSCSI.




-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --