LIBGDX Instalación ADT Bundle
UNIDADE 1: Instalación ADT Bundle
Para instalar o ADT Bundle temos que ir a http://developer.android.com/sdk/index.html e premer sobre a opción Download SDK.
Unha vez descargado teremos que descomprimilo en calquera cartafol, por exemplo no Escritorio.
Ó facelo teremos os seguintes cartafoles:
Dentro do cartafol Eclipse temos o executable de nome Eclipse.exe (en Windows) e Eclipse (en Linux).
Só temos que executalo e teremos todo o necesario para facer aplicacións para móbiles:
- O SDK (Software Development Kit) de Android
- O ADT Plugin (Android Development Tools) para Eclipse. Permitirá facer uso dende o IDE do SDK de Android entre outras cousas.
Aclaración sobre as imaxes do S.O. Android
Cando instalamos o ADT Bundle dispoñemos, dende o Eclipse ou dende o cartafol onde descomprimos o ADT Bundle, da ferramenta SDK Manager.
Dito programa serve para indicar con que versión API do S.O. Android imos traballar e o mesmo tempo podemos descargar a imaxe do S.O. Android para poder crear as AVD (Android Virtual Device).
O proceso é o seguinte:
Nota: Se aínda vos da algún erro no proxecto Android probade a escoller a opción de menú de Eclipse => Project => Clean
Lembrar que nun emulador vai ser moi difícil desenrolar o xogo. Neste curso só o usamos para ver como se executaría nun terminal con S.O. Android.