Internacionalización

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Tamén temos outras formas de personalizar as nosas aplicacións en base a unha serie de sufixos.
  • Se queremos que as cadeas de constantes estean traducidas a varios idiomas, só temos que crear un cartafol novo de nome values-?? onde ?? é o idioma.
  • Para o inglés teriamos /res/values-en, /res/values-es para o español,....
  • O idioma por defecto será o que estea gardado en /res/values.
  • So se deben cambiar os valores das contanstes, os identificadores deben ser os mesmos.


Caso práctico

  • Crear un novo proxecto: U2_41_Internacional
  • Imos en /res/values definimos as cadeas de texto en galego e esas mesmas cadeas as definimos en inglés en /res/values-en.
  • Para probar a aplicación hai que cambiar o idioma do sistema como se viu na Unidade 1.

strings.xml de /res/values

<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<resources>

    <string name="app_name">U2_41_Internacional</string>
    <string name="action_settings">Settings</string>
    <string name="idioma">Esta aplicación, por defecto, está en galego!</string>
	<string name="boton">Preme aquí</string>
    <string name="mensaxe_toast">Premeches o botón!</string>
    
</resources>


strings.xml de /res/values-en

<?xml version="1.0" encoding="utf-8"?>
<resources>

    <string name="app_name">U2_41_Internacional</string>
    <string name="action_settings">Settings</string>
    <string name="idioma">This app is by default in galician language!</string>
    <string name="boton">Click here</string>
    <string name="mensaxe_toast">You have clicked on the button!</string>
    
</resources>

O XML do layout

<LinearLayout xmlns:android="http://schemas.android.com/apk/res/android"
    xmlns:tools="http://schemas.android.com/tools"
    android:layout_width="match_parent"
    android:layout_height="match_parent"
    android:orientation="vertical" >

    <TextView
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:text="@string/idioma" />

    <Button
        android:layout_width="wrap_content"
        android:layout_height="wrap_content"
        android:text="@string/boton"
        android:onClick="onBotonClick" />
    
    
</LinearLayout>
  • Liñas 10 e 15: Agora temos que traballar con constantes, non podemos poñer o texto a lume.

O código Java

package com.example.u2_41_internacional;

import android.app.Activity;
import android.os.Bundle;
import android.view.Menu;
import android.view.View;
import android.widget.Toast;

public class U2_41_Internacional extends Activity {

	@Override
	protected void onCreate(Bundle savedInstanceState) {
		super.onCreate(savedInstanceState);
		setContentView(R.layout.activity_u2_41__internacional);
	}

	@Override
	public boolean onCreateOptionsMenu(Menu menu) {
		// Inflate the menu; this adds items to the action bar if it is present.
		getMenuInflater().inflate(R.menu.u2_41__internacional, menu);
		return true;
	}

	public void onBotonClick(View v) {
		Toast.makeText(this, R.string.mensaxe_toast, Toast.LENGTH_SHORT).show();
	}
}
  • Liña 25 observar como o toast tamén colle a cadea de texto dos recursos tipo string.

Consideracións a ter en conta

Estes sufixos que estamos a utilizar (-land; -es) poden ser combinados entre eles e con outros moitos diferentes.

No seguinte enlace aparece dita orde de prefixos.

Por exemplo:

  • res/values-en-rUS/strings.xml
  • res/values-en-rUK/strings.xml

Onde o segundo sufixo fai referencia a inglés ‘americano’ (en-rUS) ou ‘ inglés’ do Reino Unido (en-rUK).

Nota: a letra r fai referencia á rexión.

Para facilitarnos o traballo, Eclipse dispón dunha pantalla na que podemos indicar que 'características' queremos que teña o noso arquivo de recursos e automaticamente xa engade por nós os sufixos necesarios.

Cando creamos un arquivo de recursos aparece a seguinte pantalla:

Android 2013 U2 41 Internacional 04.jpg

Se prememos o botón 'Next' pasamos á pantalla comentada anteriormente. Neste exemplo estamos a crear un recurso de tipo layout para pantallas de 7-10 pulgadas (tamaño x-large), entón teríamos que crear un layout nun cartafol ‘layout-xlarge’:

Android 2013 U2 41 Internacional 05.jpg
  • Debemos pasar a 'propiedade' SIZE dende a lista da esquerda á dereita (premendo o botón coa dirección dereita). Unha vez pasada debemos darlle un valor, no noso caso x-large.
  • Ó facelo, podedes observar como na parte baixa aparece o nome co sufixo correcto.

Podemos combinar moitas máis 'propiedades'. Así, no seguinte exemplo, estamos a crear un arquivo de recursos de tipo 'Values' que se cargará cando utilicemos un dispositivo Android, co idioma Español, nunha pantalla de tipo Small e cunha densidade Media.

Android 2013 U2 41 Internacional 06.jpg
  • O sufixo que crea neste caso será: -es-small-mdpi.


  • Na versión Lollipop (API 21, android 5.0) xa se inclúe o idioma galego.


-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2015).