Exemplo práctico
Vexamos outro exemplo que, tal vez, cho aclare un pouco máis:
<?php
@session_start();
$_SESSION['contador']=0;
echo '<a href="'.$_SERVER['PHP_SELF'].'?'.$SID.'">Contador vale: '.++$_SESSION['contador'].'</a>' ;
?>
Basicamente unha variable de sesión é unha variable, como calquera das que xestiona PHP, pero que reside nun espazo específico no servidor, xunto co identificador de sesión, e que pertence únicamente a un usuario.
No noso exemplo anterior, rexistramos a variable $contador na primeira liña do script. Na segunda liña, entre outras cousas, cada vez que recarguemos a páxina ou fagamos click sobre o enlace, o valor de $contador incrementarase en 1.
Nesta liña facemos uso da variable reservada $_SERVER['PHP_SELF'], que fai referencia ao propio script en execución, e tamén dunha constante propia de PHP, session_id(), que contén o nome da sesión e o identificador da mesma.
Podemos coñecer tamén o nome da sesión, ou modificalo, mediante a función session_name().
Vexamos unha proba práctica:
<?php
@session_start();
echo '<a href="'.$_SERVER['PHP_SELF'].'?'.session_id().'">Contador vale: '.++$_SESSION['contador'].'</a ><>'br ;
echo 'Agora o nome é '.session_name().' e a sesión id'.session_id().'<br>';
?>