Exemplo 3. Aplicacións prácticas do Exemplo2

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Exemplo 3. Aplicacións prácticas do Exemplo2

OBRIGATORIA LECTURA. ESCENARIO

NOTAS:
  1. Todos estes exemplos son válidos unha vez feito o Exemplo2
  2. No Exemplo2 o disco duro a montar na distribución Live SystemRescueCD posúe unha distribución GNU/Linux a recuperar
  3. Picar nas imaxes para velas no tamaño orixinal

Recuperación dun Sistema Operativo GNU/Linux mediante unha Xaula chroot

Recuperar a password de root

Unha vez establecida a conexión co Servidor SSH proceder do seguinte xeito:

Ver a táboa de particións do equipo (fdisk -l)
a. Ver a táboa de particións do equipo (fdisk -l).
Neste caso a distribución Linux ten 2 particións:
  1. /dev/sda1: A partición / onde está montado todo o sistema de ficheiros.
  2. /dev/sda5: A partición swap adicada ao espazo de intercambio.
Crear cartafol para acceder á información do disco duro /dev/sda
b. Crear cartafol para acceder á información do disco duro /dev/sda
No cartafol creado, en /root, mediante o comando mkdir recuperar montamos a partición do disco /dev/sda co comando:
mount -t auto /dev/sda1 recuperar
 
Montar o cartafol /dev dentro de recuperar/dev
c. Montar o cartafol /dev dentro de recuperar/dev para poder ter acceso a todos os dispositivos recoñecidos pola distribución SystemRescueCD. Comando empregado: mount --bind /dev recuperar/dev
Montar o cartafol /proc dentro de recuperar/proc
d. Montar o cartafol /proc dentro de recuperar/proc para poder ter acceso ao kernel grazas a distribución SystemRescueCD. Comando empregado: mount --bind /proc recuperar/proc .
 
Crear a xaula chroot
e. Crear a xaula chroot co comando chroot recuperar /bin/bash .
Con ise comando creamos unha xaula: un entorno pechado para a distribución Linux dentro de recuperar, de tal xeito, que unha vez dentro da xaula soamente existe ésta, e dicir, soamente existe a distribución Linux a recuperar, xa non estamos traballando na SystemRescueCD.
Cambiar contrasinal root
f. Cambiar contrasinal root.
Mediante o comando passwd root cambiamos o contrasinal de root, repetimos 2 veces abc123. como novo contrasinal de root
 
Sair da xaula chroot
g. Co comando exit saimos da xaula chroot.
Desmontar unidades montadas
h. Desmontar unidades montadas:
  1. umount recuperar/dev
  2. umount recuperar/proc
  3. umount recuperar
Apagar a SystemRescueCD e arrancar a distribución Linux recuperada. Agora xa funciona o contrasinal novo de root.

Copiar o cartafol HOME de todos os usuarios

Unha vez establecida a conexión co Servidor SSH proceder do seguinte xeito:

Ver a táboa de particións do equipo (fdisk -l)
a. Ver a táboa de particións do equipo (fdisk -l).
Neste caso a distribución Linux ten 2 particións:
  1. /dev/sda1: A partición / onde está montado todo o sistema de ficheiros.
  2. /dev/sda5: A partición swap adicada ao espazo de intercambio.
Crear cartafol para acceder á información do disco duro /dev/sda
b. Crear cartafol para acceder á información do disco duro /dev/sda
No cartafol creado, en /root, mediante o comando mkdir recuperar montamos a partición do disco /dev/sda co comando:
mount -t auto /dev/sda1 recuperar

Cliente Distribución GNU/Linux: Empregando o comando scp

Proceder:

Abrir un novo terminal para facer a copia mediante scp
a. Abrir un novo terminal para facer a copia mediante scp.
Executando o comando scp podemos ver a sintaxe do mesmo.
Crear o directorio destino da copia: copia_home
b. Crear o directorio destino da copia: copia_home
 
Copiar o HOME de todos os usuarios
c. Copiar o HOME de todos os usuarios.
Para copiar o HOME de todos os usuarios debemos empregar o comando scp como segue:
scp -r -P 22 root@192.168.120.100:recuperar/home copia_home, onde:
  1. -r significa recursivo, serve para copiar cartafois enteiros.
  2. -P 22 indica o porto de conexión SSH
  3. root@192.168.120.100 indica o usuario root na máquina 192.168.120.100
  4. :recuperar/home indica o cartafol a copiar na ruta parcial recuperar/home, que ven sendo a ruta absoluta /root/recuperar/home, xa que no caso de non indicar a ruta absoluta sempre se parte da ruta da casa do usuario, neste caso o usuario é root, co cal pártese de /root
  5. copia_home é o cartafol destino da copia.
.
Autenticación
d. Autenticación. Se é a primeira vez que nos conectamos o servidor avísanos se estamos de acordo coa autenticación. Respostamos yes e pulsamos Enter. Se non é a primeira vez ver a seguinte imaxe.
 
Password
e. Password da conexión do usuario root: toor. Pulsamos Enter
Copiando...
f. Copiando...
 
Copia feita
g. Copia feita

Cliente Windows: Empregando o comando pscp

NOTA: Para ver máis información sobre o comando pscp visitar a seguinte ligazón: Comando pscp

Proceder:

Abrir unha consola de comandos para facer a copia mediante pscp
a. Abrir unha consola de comandos para facer a copia mediante pscp.
Executando o comando pscp podemos ver a sintaxe do mesmo.
Crear o directorio destino da copia: copia_home
b. Crear o directorio destino da copia: copia_home
 
Copiar o HOME de todos os usuarios
c. Copiar o HOME de todos os usuarios.
Para copiar o HOME de todos os usuarios debemos empregar o comando pscp como segue:
pscp -r -P 22 root@192.168.120.100:recuperar/home copia_home, onde:
  1. -r significa recursivo, serve para copiar cartafois enteiros.
  2. -P 22 indica o porto de conexión SSH
  3. root@192.168.120.100 indica o usuario root na máquina 192.168.120.100
  4. :recuperar/home indica o cartafol a copiar na ruta parcial recuperar/home, que ven sendo a ruta absoluta /root/recuperar/home, xa que no caso de non indicar a ruta absoluta sempre se parte da ruta da casa do usuario, neste caso o usuario é root, co cal pártese de /root
  5. copia_home é o cartafol destino da copia.
.
Autenticación
d. Autenticación. Se é a primeira vez que nos conectamos o servidor avísanos se estamos de acordo coa autenticación. Respostamos y e pulsamos Enter. Se non é a primeira vez ver a seguinte imaxe.
 
Password
e. Password da conexión do usuario root: toor. Pulsamos Enter
Copiando...
f. Copiando...
 
Copia feita
g. Copia feita

Transferir un ficheiro de forma segura

Cliente Distribución GNU/Linux: Empregando o comando sftp

Proceder:

Abrir un novo terminal para facer a transferencia mediante sftp
a. Abrir un novo terminal para facer a transferencia de arquivos mediante sftp.
Executando o comando sftp podemos ver a sintaxe do mesmo.
Crear o directorio destino da transferencia: transferencia_dir
b. Crear o directorio destino da transferencia: transferencia_dir
 
Transferir o arquivo /etc/paswd
c. Transferir o arquivo /etc/passwd.
Para transferir o arquivo /etc/passwd ao cartafol transferencia_dir debemos empregar o comando sftp como segue:
sftp root@192.168.120.100, onde root@192.168.120.100 indica o usuario root na máquina 192.168.120.100
Autenticación
d. Autenticación. Se é a primeira vez que nos conectamos o servidor avísanos se estamos de acordo coa autenticación. Respostamos yes e pulsamos Enter. Se non é a primeira vez ver a seguinte imaxe.
 
Password
e. Password da conexión do usuario root: toor. Pulsamos Enter
Dentro do cliente sftp
f. Xa estamos dentro do cliente sftp, como amosa o prompt sftp>.
Para ver os comandos deste cliente na trasferencia de ficheiros executamos, dentro do cliente, o comando help.
 
Comandos pwd e lpwd
g. Comandos pwd e lpwd.
  1. pwd: Empregamos o comando pwd para saber en que cartafol remoto estamos situados, neste caso: /root
  2. lpwd: Empregamos o comando lpwd para saber en que cartafol local estamos situados, neste caso /home/alumno.
Comandos cd e lcd
h. Comandos cd e lcd.
  1. cd: Empregamos o comando cd para movernos entre cartafois no equipo remoto, neste caso empregamos o comando cd recuperar/etc para movernos ao cartafol /root/recuperar/etc do equipo remoto.
  2. lcd: Empregamos o comando lcd para movernos entre cartafois no equipo local, neste caso empregamos o comando lcd transferencia_dir para movernos ao cartafol /home/alumno/transferencia_dir dentro do equipo local.
 
Transferir arquivo co comando get passwd
k. Transferimos o arquivo ao cartafol local, antes escollido, mediante o comando get passwd. Pulsar Enter. Transferencia realizada.
Comando quit
l. Executamos o comando quit para sair do cliente sftp e finalizala conexión.
 
Comando ls transferencia_dir
m. Na consola cmd executamos o comando ls transferencia_dir e podemos observar que o ficheiro foi transferido satisfactoriamente..

Cliente Windows: Empregando o comando psftp

NOTA: Para ver máis información sobre o comando psftp visitar a seguinte ligazón: Comando psftp

Proceder:

Abrir unha consola de comandos para facer a transferencia mediante psftp
a. Abrir unha consola de comandos para facer a transferencia de arquivos mediante psftp.
Executando o comando psftp -h podemos ver a sintaxe do mesmo.
Crear o directorio destino da transferencia: transferencia_dir
b. Crear o directorio destino da transferencia: transferencia_dir
 
Transferir o arquivo /etc/paswd
c. Transferir o arquivo /etc/passwd.
Para transferir o arquivo /etc/passwd ao cartafol transferencia_dir debemos empregar o comando psftp como segue:
psftp -P 22 root@192.168.120.100, onde:
  1. -P 22 indica o porto de conexión SSH
  2. root@192.168.120.100 indica o usuario root na máquina 192.168.120.100
Autenticación
d. Autenticación. Se é a primeira vez que nos conectamos o servidor avísanos se estamos de acordo coa autenticación. Respostamos y e pulsamos Enter. Se non é a primeira vez ver a seguinte imaxe.
 
Password
e. Password da conexión do usuario root: toor. Pulsamos Enter
Dentro do cliente psftp
f. Xa estamos dentro do cliente psftp, como amosa o prompt psftp>.
Para ver os comandos deste cliente na trasferencia de ficheiros executamos, dentro do cliente, o comando help.
 
Comandos pwd e lpwd
g. Comandos pwd e lpwd.
  1. pwd: Empregamos o comando pwd para saber en que cartafol remoto estamos situados, neste caso: /root
  2. lpwd: Empregamos o comando lpwd para saber en que cartafol local estamos situados, neste caso dentro do Escritorio.
Comandos cd e lcd
h. Comandos cd e lcd.
  1. cd: Empregamos o comando cd para movernos entre cartafois no equipo remoto, neste caso empregamos o comando cd recuperar/etc para movernos ao cartafol /root/recuperar/etc do equipo remoto.
  2. lcd: Empregamos o comando lcd para movernos entre cartafois no equipo local, neste caso empregamos o comando lcd transferencia_dir para movernos a ese cartafol dentro do equipo local.
 
Comando help get
i. Comando help get.
Empregamos o comando help get para saber a sintaxe do comando get
Transferir arquivo co comando get passwd
k. Transferimos o arquivo ao cartafol local, antes escollido, mediante o comando get passwd. Pulsar Enter. Transferencia realizada.
 
Comando quit
l. Executamos o comando quit para sair do cliente sftp e finalizala conexión.
Comando dir transferencia_dir
m. Na consola cmd executamos o comando dir transferencia_dir e podemos observar que o ficheiro foi transferido satisfactoriamente..



--ricardofc [11/06/10]