Esquemas de construción de cables serie
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Existen infinidade de tipos de cables serie, en función do tipo de conexión e do protocolo que se vaia a impremengar, por tanto necesitaremos acudir normalmente á documentación do fabricante para construír o cable que nos permita conectarnos con un periférico. Tamén hai que poñer especial coidado no tipo de conector, pois os pines da norma non se corresponden entre un conector DB-9 e o conector DB-25.
- O cable de conexión orixinal utilizouse para conectar un ordenador (DTE - Equipo Terminal de Datos) con un módem externo (DCE - Equipo de Comunicación de Datos), e o seu esquema é o seguinte:
DTE | DCE | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
DB-9 | DB-25 | Nome | Sentido | Nome | DB-25 | DB-9 |
3 | 2 | TX | --------> | TX | 2 | 3 |
2 | 3 | RX | <-------- | RX | 3 | 2 |
5 | 7 | SG | ---------- | SG | 7 | 5 |
4 | 20 | DTR | --------> | DTR | 20 | 4 |
6 | 6 | DSR | <-------- | DSR | 6 | 6 |
1 | 8 | CD | <-------- | CD | 8 | 1 |
7 | 4 | RTS | --------> | RTS | 4 | 7 |
8 | 5 | CTS | <-------- | CTS | 5 | 8 |
9 | 22 | RI | <-------- | RI | 22 | 9 |
- Cando se desexa conectar dous DTE entre sí (por exemplo conectar dous ordenadores, ou para conectar un ordenador con un autómata) utilízase un cable denominado null-módem, o nome é así pois trátase de anular o módem (DCE) pois conectaremos os dous DTE directamente mediante un cable sen saír á liña telefónica. Este cable permite simular as sinais do módem CTS/DSR.
- Como se observa, as liñas DTR e RTS están realimentadas ás liñas DSR/CD por un lado e CTS por outro. Isto fai que cando o DTE se activa DTR e RTS recibe resposta inmediata de preparado dun DCE que realmente non existe. Este cable non permite coñecer se no outro extremo hai ou non un dispositivo conectado.
DTE | DTE | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
DB-9 | DB-25 | Nome | Sentido | Nome | DB-25 | DB-9 |
3 | 2 | TX | --------> | RX | 3 | 2 |
2 | 3 | RX | <-------- | TX | 2 | 3 |
5 | 7 | SG | ---------- | SG | 7 | 5 |
4 | 20 | DTR | DTR | 20 | 4 | |
6 | 6 | DSR | DSR | 6 | 6 | |
1 | 8 | CD | CD | 8 | 1 | |
7 | 4 | RTS | RTS | 4 | 7 | |
8 | 5 | CTS | CTS | 5 | 8 | |
9 | 22 | RI | <-------- | RI | 22 | 9 |
- No cable null-módem 2, que podemos ver na táboa de abaixo, as liñas DTR/DSR e RTS/CTS están cruzadas entre ambos DTE, esto permite que cada DTE saiba se o outro extremo está xa conectado, ademais permite facer un control de fluxo hardware. Cando calquera dos dous DTE activa as liñas RTS/DTR, está informando ó extremo oposto que xa está preparado para transmitir ou recibir datos.
Como se observa, só se utiliza a transmisión nun sentido; utilízase o control de fluxo hardware mediante as liñas DTR/DSR.
Este cable utilízase para conectar un PC polo porto serie á maioría dos autómatas programables da marca Omron.
DTE | DTE | |||||
---|---|---|---|---|---|---|
DB-9 | DB-25 | Nome | Sentido | Nome | DB-25 | DB-9 |
3 | 2 | TX | --------> | RX | 3 | 2 |
2 | 3 | RX | <-------- | TX | 2 | 3 |
5 | 7 | SG | ---------- | SG | 7 | 5 |
4 | 20 | DTR | --------> | DSR | 6 | 6 |
6 | 6 | DSR | <-------- | DTR | 20 | 4 |
1 | 8 | CD | CD | 8 | 1 | |
7 | 4 | RTS | --------> | CTS | 5 | 8 |
8 | 5 | CTS | <-------- | RTS | 4 | 7 |
9 | 22 | RI | RI | 22 | 9 |
- Para realizar programas de comunicacións cun só ordenador podemos utilizar o cable loopback como o da táboa seguinte. Este cable é un conector que permite que un DTE transmita datos e os reciba polo mesmo porto. Esto é posible porque a UART ten seccións separadas para transmisión e recepción.
DTE | |||
---|---|---|---|
DB-9 | DB-25 | Nome | Cortocircuitar |
3 | 2 | TX | |
2 | 3 | RX | |
5 | 7 | SG | |
4 | 20 | DTR | |
6 | 6 | DSR | |
1 | 8 | CD | |
7 | 4 | RTS | |
8 | 5 | CTS | |
9 | 22 | RI |
-- Volver