Curso POO PHP Características da POO
Características da POO
Na actualidade con PHP podes utilizar dous estilos de programación: programación estruturada e programación orientada a obxectos.
Non obstante, a linguaxe PHP orixinal non se deseñou con características de orientación a obxectos. Só a partir da versión 3, empezáronse a introducir algúns trazos de POO na linguaxe. Isto potenciouse na versión 4, aínda que de forma moi rudimentaria. Por exemplo, en PHP4:
- Os obxectos pásanse sempre por valor, non por referencia.
- Non se pode definir o nivel de acceso para os membros da clase. Todos son públicos.
- Non existen os interfaces.
- Non existen métodos destrutores.
Na versión actual, PHP5, reescribiuse e potenciouse o soporte de orientación a obxectos da linguaxe, ampliando as súas características e mellorando o seu rendemento e o seu funcionamento xeral. Aínda que iremos detallando e explicando cada unha posteriormente con detemento, as características de POO que soporta PHP5 inclúen:
- Métodos estáticos.
- Métodos construtores e destrutores.
- Herdanza.
- Interfaces.
- Clases abstractas.
Entre as características que non inclúe PHP5, e que podes coñecer doutras linguaxes de programación, están:
- Herdanza múltiple.
- Sobrecarga de métodos (incluídos os métodos construtores).
- Sobrecarga de operadores.
--Víctor Lourido 19:36 27 jun 2013 (CEST)