Bonding/LAG. Configuración en FreeNAS

De Manuais Informática - IES San Clemente.
(Redirigido desde «Bonding. Multipath I/O (MPIO)»)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Nos seguintes apartados presentarase as características e diferenzas fundamentais de Bond/LAG e Multipath IO (MPIO).
  • En esencia as dúas técnicas buscan como protexerse ante caídas dos camiños de rede entre un equipo e un switch ou outro equipo.
  • Trátase de ter camiños redundantes ou alternativos entre dous puntos da rede, por exemplo entre unha NAS e un cliente.

Funcionamento de Bond/LAG (Link Aggregation Group)

  • Nesta parte III vaise ver unha pequena explicación desta técnica, e realizaranse prácticas na parte VI, porque FreeNAS precisa estar conectada a un switch que cumpra o estándar 802.3ad e VirtualBox non proporciona unha simulación do protocolo.
  • O proceso de Bonding, tamén chamado Agregación, Teaming, LAG (Link Aggregation Group), Trunking, ... consiste en ter como mínimo dúas tarxetas nun equipo (Falando nun switch que cumpra o estándar 802.3ad (https://en.wikipedia.org/wiki/Link_aggregation), colleríanse como mínimo 2 portos) e fusionalas nun novo interface virtual chamado Bond, Teaming, Agregación, LAG, Trunk ...
  • Este novo interface virtual será no que se realice a configuración IP e nos interfaces físicos non se fará nada.


Equipo sobre con un LAG sobre dous interfaces físicos (Imaxe extraida da wikipedia)
  • Segundo a configuración no equipo da imaxe, pode requirir que tamén se faga un LAG nos portos correspondentes do switch ou que non haxa que facer nada.
  • Se un camiño caera, seguiríase transmitindo polo outro camiño.
  • O equipo, a nivel IP, so ve un interface de rede, o LAG.


O servidor ten un LAG cun switch e este un LAG con cadanseu switch
  • Como funciona en esencia esta técnica?. Imaxinar o equipo cliente da parte inferior esquerda, que desexa comunicarse polo servidor, pois ben:
    • Ese equipo envía a petición ao switch ao que está conectado (switch esquerda),
    • Ese switch envía a información por un dos camiños que o conectan co switch central, non balancea polos dous a petición dese ordenador.
    • E ese switch central fai o mesmo co servidor, só transmite por un dos camiños.
  • Pero cando comezará a transmitir o switch da esquerda polos dous camiños dun enlace? Imaxinar que o primeiro ordenador da esquerda segue descargando un ficheiro do servidor e agora o segundo cliente pola esquerda tamén quere subir un ficheiro ao ordenador.
    • Agora o switch da esquerda ao recibir a petición do segundo ordenador é cando comeza a transmitir co switch central polo camiño que está ocioso.
    • O mesmo entre o switch central e o servidor.
  • É cando hai máis dun equipo solicitando información cando se comezan a usar todos os camiños dispoñibles.
  • No exemplo anterior.
    • No primeiro caso o ordenador ten todo un camiño para el só co servidor que non comparte con ninguén.
    • No segundo caso, o primeiro ordenador segue tendo ese camiño para el e o segundo ordenador ten outro camiño distinto para el.
    • Os dous se imaxinan que teñen o máximo de capacidade da rede para eles.
    • Se entra en xogo o terceiro ordenador pola esquerda, o seu tráfico sería enviado por aquel camiño que tivera menos carga.
  • Por tanto, non se balancea a carga entre un único orixe-destino, senón que se distribúe a carga cando hai moitos orixes e/ou destinos.
    • Co cal, entre un orixe e un destino dunha comunicación, nun momento dado, só hai un único camiño e non se balancea a carga. Todo isto se non cae un dos camiños do LAG.
  • Se cae un dos camiños de calquera dos LAGs a información seguiríase enviando, toda, polo camiño dispoñible.
  • Existen varios tipos de Bonding, entre eles:
    • Failover / Tolerancia a fallos / Activo-Pasivo: Un dos camiños anteriores do LAG está activo e o outro non se usa, so se usará cando falle o que se configurou como activo.
    • Balanceado / Activo-Activo: foi o que se describiu no exemplo anterior. Os dous camiños están activos e vaise balanceando a carga cando hai moitas peticións de orixes/destinos distintos.
    • LAG, propiamente dito, este verase na parte VI, pode ter en conta para balancear as IPs orixe/destino ou as MACs orixe/destino.

Escenario a virtualizar

  • A continuación vaise indicar como se podería configurar unha NAS con FreeNAS usando LAG, se esta estivera configurada a un switch 802.3ad e a NAS tivera 2 ou máis interfaces de rede.
  • O escenario 3.G amosa como se vai configurar a NAS:
    • 2 interfaces de rede na NAS van estar formando un Bond/Team/Lag/Trunk, ...
    • O equipo uclient só ten unha interface para chegar ate a NAS.
    • Configúranse en modo Rede Interna os adaptadores de rede das MVs para poder ter todos o mesmo escenario IP.

00 Servizos Virtualizacion Escenarios Semana 03 G.jpg

Configuración de Bondig en FreeNAS

Imos ver os pasos para a configuración de un interfaz LAG en FreeNAS:



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --