Aplicación a desenvolver U2 A

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • A seguinte aplicación é unha única Activity que resume parte do visto na Unidade 2.
  • Hai deseño de distintas vistas, Internacionalización e distintos deseños en apaisado e vertical.


Aspectos xerais

  • Todo:
    • texto,
    • cor,
    • tamaño, dimensión, etc.
  • debe estar definido nun recurso XML, non a lume directamente no Layout.


  • Os idiomas usados para a aplicación son:
    • Por defecto: Inglés
    • Personalizados:
      • Español
      • Galego (Non funciona nun AVD, pero si nun dispositivo real).
    • Para facilitar a construción dos recursos tipo Strings facilítase o seguinte ficheiro XML en inglés: Media:strings.xml


  • Usar o seguinte nome, U2_A_<Teu nome de pila>, para nome do:
    • Proxecto
    • Activity
  • Para facilitar o seguimento da aplicación axúntase o apk para que se se poida instalar e probar.
  • Observar que esta aplicación


Deseño

  • Comezar antes de nada polo deseño.
  • Tratar de aproximarse ao deseño das pantallas que se amosan a continuación.
    • Posicións dos elementos:
      • Non se usou ningunha marxe, posición a lume, etc.
      • Só se usou un recheo no layout principal de 16dp.
  • Cores:
    • Usáronse as cores básicas
  • A aplicación está dividida en 4 bloques separados por liñas.


Deseño vertical

Android 2014 U2 A Teacher 01.jpg

  • Observar, botándolle un ollo tamén ao deseño en apaisado:
    • A disposición dos elementos
    • Cales están centrados
    • Cales están aliñados á esquerda
    • Cales están repartidos no peso
    • Cales ocupan todo o ancho
    • Cales están no fondo da pantalla

Deseño en apaisado

Android 2014 U2 A Teacher 02.jpg

  • Observar
    • Non hai imaxe
    • Só queda unha liña de división con respecto ao deseño en vertical
    • Os elementos que contén realizan a mesma función que realizan cando o dispositivo en vertical.

Internacionalización

  • Como xa se dixo a aplicación está en 3 idiomas.
  • Están traducidos incluso os menús:

Android 2014 U2 A Teacher 03.jpg

  • Cando se traduzan os elementos de Inglés a Español e Galego, observar que nestes 2 idiomas hai "ñ" e tiles.
  • As traducións deben estar en recursos XML non en código Java.

Funcionamento

  • A aplicación está dividida en 4 bloques.
  • Aconséllase acometer un a un.
  • En todo momento pódese probar a aplicación que se facilita para comprobar o funcionamento de cada bloque.


Bloque 1: TextEdit, TextView, Botóns, CheckBox, RadioButtons

Bloque 2: Spinner

  • Este Spinner fai algo moi sinxelo, indica se a provincia seleccionada é galega ou non:
  • Usarase un Toast para indicar a pertenza da provincia seleccionada
  • Como vamos ter que usar un Listener e o seu contexto vai ser distinto ao da aplicación que lanza, temos que usar o método getBaseContext() para indicarlle ao Toast o seu contexto.
  • Ollo que as mensaxes o Toast debe adaptarse ao idioma escollido polo usuario.
  • As provincias en Inglés non deben ter tiles.


Bloque 3: ImageView

  • Para definir a View no layout:
    • limitouse o alto e ancho da imaxe
    • e ademais usouse o atributo scaleType.


  • Escolle unha imaxe característica da tua zoa de nacemento ou de residencia e úsaa para a aplicación.

Android 2014 U2 A Teacher 14.jpg

  • Ao premer sobre a imaxe aparece un Toast describindo a imaxe.
  • O Toast neste caso cóllese o Tag da imaxe convértese a string.


Bloque 4: Chronómetro e Botón Switch

  • Quen o desexe pode usar o botón ToogleButton no canto do botón Switch.

Android 2014 U2 A Teacher 15.jpg

  • Cando se activa o cronómetro (co botón Switch) este comeza a contar e cando chega a 15 segundos destrúe a Activity.
  • Se se para o cronómetro este ponse a cero.
    • Ollo!! que para iso antes de paralo hai que volver a establecer o tempo base para o cronómetro.
  • Se se usa o botón Switch, non chega con usar o atributo onClick da View no Layout, pois este control tamén se desliza que é distinto a a facer click.
  • Para poder capturar o "deslizamento", ó único que podemos controlar e o cambio de estado e para iso precisamos usar un Listener: setOnCheckedChangeListener.




-- Ángel D. Fernández González e Carlos Carrión Álvarez -- (2014).