Agregadores. Tipos e funcionamento

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Agregadores. Tipos e funcionamento

O lector de feeds ou agregador de canles de sindicación vaiche axudar a subscribirte a unha canle de sindicación determinada (normalmente premendo en engadir canle e copiando a url da canle elixida no programa lector), para así recibir cada información que se publique nese sitio web.

Por exemplo, se engades a dirección enlace ao teu lector de feeds, terás a posibilidade de ler cada artigo publicado nunha soa ventá, xunto a outros contidos que tamén vaias sindicando. É, por chamalo dalgunha maneira, a combinación perfecta entre o teu navegador e o teu xestor de correo electrónico (Outlook Express, Mozilla Thunderbird, etc.).

Onde podo atopar un lector de feeds?

Hai moitos lectores de feeds e case todos gratuítos.

Por exemplo temos feedreader,bloglines, feeddemon ou o propio xestor de contidos que incorpora a última versión de Mozilla Thunderbird, que ademais che servirá para ler o teu correo electrónico.

Se dispomos de Firefox, poderemos usar complementos como Sage, que nos permitirán integrar na barra lateral de Firefox os nosos feeds e así poder consultalos integrados no Firefox.

O Firefox tamén incorpora a posibilidade por defecto de subscribirse aos feeds e agregar esa suscripción ós marcadores dinámicos. Os pasos a seguir serían os seguintes:

  1. Abrir o recurso xml na barra de direccións ou pinchar no enlace xml.
  2. Nese momento o Firefox preguntará si queremos subscribirnos cos marcadores dinámicos e ónde queremos gardar ese marcador.
  3. Se gardamos ese marcador na barra horizontal de marcadores poderemos ver o listado dos items do canal RSS e ao pulsar no título dese item conectaranos directamente coa información.

Para máis información e comparación sobre agregadores visitar: http://en.wikipedia.org/wiki/Comparison_of_feed_aggregators


Funcionamento dos agregadores

Os agregadores de noticias o que fan realmente é conectarse de xeito medianamente automático ás fontes RSS. Lerán o contido do arquivo RSS e actualizarán dita información na aplicación ou sección correspondente.

Algúns lectores de RSS dispoñen de opcións adicionais como filtros para busca nos resultados RSS, programación de actualizacións, etc.