Agradecementos, dedicatoria e vídeo de despedida

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Agradecementos

Non quixera deixar pasar a ocasión sen agradecer a todas aquelas persoas que dunha forma ou outra colaboraron na elaboración deste curso. A orden é simplemente cronolóxica:

  • Ós profesores do IES San Clemente: Rafael Veiga e Manuel Vieites, administradores da plataforma manuais] do IES San Clemente, onde se editou este manual. Sen vós isto non sería posible. Grazas, e moitas, polos ánimos recibidos en todo momento. Admais o profesor Manuel Vieites participou neste curso subindo moitas imaxes, das máis de 1.670, das que se compón o curso. Hai que subir unha a unha!!!!.


  • Á profesora Catalina Pérez, compañeira coa que comparto un módulo Bilingüe, por adaptarse, coma unha luva (guante), ás miñas necesidades horarias perante o curso. Grazas tamén polos continuos: Durme e descansa.


  • Á Dirección do IES San Clemente, máis condescencia é imposible. Grazas.


  • A Carlota Pita, por colaborar subindo moitas das imaxes do curso, dar folgos nos momentos duros e soportar as miñas ausencias perante a creación deste curso.


  • A Carme Vivero, nos momentos nos que as forzas se ausentan e o desánimo ocupa o seu lugar, sempre estás aí para darlle a volta.



  • A Xosé Romarís coordinador do curso, pola mesma razón anterior, permitindo flexibilidade nas datas.

Adicado

Perante a elaboración deste curso, na miña familia viviuse un momento moi delicado e inxusto.


  • Tódalas horas de traballo que hai detrás deste curso van adicadas ó meu pai e á miña familia. Todo sairá ben!!.


  • Para todos aqueles que loitan por causas perdidas e inxustas.

Vídeo de “hasta sempre”

Esta vez o vídeo está en español e subtitulado en inglés.

En todas partes (Película Habana Blues, só os 2:55 mn primeiros). A ver quen recoñece ó teclista!!! e non digamos ó gaiteiro!!!!!.

Ata outra.....

-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez 08:43 3 abr 2009 (BST)