PEGA É un paxaro moi abundante nos campos galegos, sobre todo por onde hai terras de labor e árbores. É moi fácil de recoñecer polo seu rabo longo e as plumas brancas e negras con irisacións azuis e verdes. Aliméntase de insectos, vermes, miñocas, grans, pebidas, cobras pequenas, ovos de outros animais, etc. Ten un berrar moi típico e cando se xunta unha bandada producen un forte balbordo. Fai o niño de garabullos nas árbores.