Diferencia entre revisiones de «Resposta educativa para ANEE»

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
 
(No se muestran 23 ediciones intermedias del mismo usuario)
Línea 4: Línea 4:
== Introdución ==
== Introdución ==


O profesorado do IES San Clemente, desde o ano 2019/2020, recibimos formación para dar resposta educativa para alumnado con necesidades especiais (TEA, TDAH, Dislexia, etc).
O profesorado do IES San Clemente, desde o ano 2019/2020, recibimos formación para dar resposta educativa para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (TEA, TDAH, Dislexia, etc).


Este documento agrupa pautas que son comúns para todo o ANEE.
Este documento agrupa pautas que son comúns para todo o ANEAE.
 
== Definicións ==
 
ANEAE: Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Inclúe, entre outros:
* ANEE: Alumnado con necesidades educativas especiais.
** Discapacidade.
** Trastorno grave de conduta. Ex: esquizofrenia, ansiedade, depresión, disocial, etc.
** Trastorno xeralizado do desenvolvemento. Ex: TEA (trastorno do espectro autista).
* Dificuldades específicas de aprendizaxe. Ex: dislexia.
* TDAH: Trastorno de déficit de atención e hiperactividade.
* Altas capacidades.


== Pautas ==
== Pautas ==
Línea 12: Línea 23:
'''1.- Non enfadarnos con eles se non conseguen prestar atención'''  
'''1.- Non enfadarnos con eles se non conseguen prestar atención'''  


Da mesma maneira que non nos enfadamos cun alumno cego porque non consegue ver nin cun rapaz en cadeira de rodas porque non consegue subir ao taller, non debemos facelo cos nosos TDAH, de feito para moitos deles é incapacitante. Temos que manter o bo ambiente nas aulas, falarlles con amabilidade, respecto, empatía e paciencia. Como no caso dos rapaces con incapacidades físicas, eles non escolleron ser así.
Para comprender mellor a situación, partimos de que, en xeral, ninguén escolle ser como é. Tamén axuda á comprensión e á empatía, establecer un paralelismo entre TDAH e discapacidades físicas.
 
Da mesma maneira que non nos enfadamos cun alumno cego porque non consegue ver nin cun rapaz en cadeira de rodas porque non consegue subir ao taller, non debemos facelo cos nosos TDAH por non prestar atención. De feito, para moitos deles é incapacitante. Temos que manter o bo ambiente nas aulas, falarlles con amabilidade, respecto, empatía e paciencia.  
 


'''2.- Evitar a retranca'''  
'''2.- Evitar a retranca'''  
Línea 28: Línea 42:
* Ás veces axuda que poidan levar o exame a casa para que o analicen coa familia e o terapeuta.
* Ás veces axuda que poidan levar o exame a casa para que o analicen coa familia e o terapeuta.


'''4.- Checklist'''
Ensinarlles a copiar un enunciado a un G Doc e convertilo nunha checklist. Así poderán ir marcando cada paso como realizado antes de pasar ao seguinte.


== Dinámica na clase ==
== Dinámica na clase ==
Línea 34: Línea 51:
* Facer as explicacións mirando para eles.
* Facer as explicacións mirando para eles.
* Achegarse fisicamente un pouco, acenar coa man.
* Achegarse fisicamente un pouco, acenar coa man.
* Sempre que teñan que seguir un exercicio, entrar a buscar imaxes, entrar no correo, cambio de paso na execución ou na tarea, fai pantallazo de mosaico.
* Cando teñan que completar un punto, antes de comezar o seguinte, usar Veyon en modo mosaico para comprobar que están todos listos e manter o ritmo.
* Outro uso de Veyon pode ser escoller algún dos traballos realizados polos alumnos como exemplo para o resto, incluíndo os traballos do alumnado TEA. E mesmo realizar a explicación amosando a pantalla do alumnado TEA para que non se descolgue do resto.
 
 
[[Archivo:infografia_gimp.png|miniaturadeimagen|centro]]
 
Os cerebros neurodiverxentes non aprenden por repetición verbal. Para aprender unha secuencia de pasos:
* Crear unha infografía visual que lles permita saber o procedemento case sen ler, que a rescaten mellor e lles axude a fixar os conceptos.
* É importante que estea sempre presente, nunha esquina da pantalla, e que cando incidamos nela a acompañemos da explicación e do xesto de sinalar os dedos (primeiro, segundo, terceiro...) contando os pasos.
* Explicarlles que cando o fagamos o xesto dos dedos ou saia nunha foto na pantalla, teñen que estar moi atentos e caerá nos exames.
 
 
Hai alumnado que se cambia a atención do seu monitor á pantalla de clase, pérdese. É o cambio de foco. Axuda que a explicación se transmita polo Meet para que a sigan no seu propio computador e tamén é útil que algunha explicación quede gravada para que a poidan consultar máis tarde.
 
== O tícket de saída ==
 
O alumnado con dificultades en Funcións Executivas Complexas como a planificación e a organización, precisa unha guía de adestramento e estratexia de compensación.
 
É necesario que o/a profe anticipe de forma ordenada e concisa o que se vai ver na sesión de clase, utilizando un recurso '''visual''' como '''o tícket de saída'''.
 
[[Archivo:ticket_de_saida.png|miniaturadeimagen|centro]]
 
 
Con este recurso pomos énfase na estrutura da clase e o alumnado sitúase nunha liña temporal, que para a maioría non é obvia.
 
A medida que avanzamos nos pasos podemos ir tachándoos (reforzo visual) para que sexan conscientes do que aínda resta por facer.
 
[[Archivo:reforzo_visual.png|miniaturadeimagen|centro|Outros reforzos visuais]]
 
Tamén axuda a que reflexionen sobre o que non aprenderon ben ou o que lles resultará difícil. É importante que haxa un momento para dúbidas colectivas porque moitos TDAH non son conscientes das súas dúbidas até que outra persoa as comenta, por falta de metacognición.


== Orientacións ==
Tamén é boa idea realizar un Kahoot final que sirva de autoavaliación.


''Orientaciones para profesores de adolescentes con autismo, de María Merino.''
== Fontes e información complementaria ==


[[Archivo:PautasTEAAsperga.pdf]]
* [https://pt.slideshare.net/jangel1/presentacin-resolucin-n-e-a-e Definicións]
* ''Orientaciones para profesores de adolescentes con autismo, de María Merino.'' [[Archivo:PautasTEAAsperga.pdf]]
* Sesión final Carla Mata 04/04/2024: [[Archivo:PresentacionIesSanClemente2024v2.pdf]]

Revisión actual del 18:30 23 may 2024

Introdución

O profesorado do IES San Clemente, desde o ano 2019/2020, recibimos formación para dar resposta educativa para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (TEA, TDAH, Dislexia, etc).

Este documento agrupa pautas que son comúns para todo o ANEAE.

Definicións

ANEAE: Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Inclúe, entre outros:

  • ANEE: Alumnado con necesidades educativas especiais.
    • Discapacidade.
    • Trastorno grave de conduta. Ex: esquizofrenia, ansiedade, depresión, disocial, etc.
    • Trastorno xeralizado do desenvolvemento. Ex: TEA (trastorno do espectro autista).
  • Dificuldades específicas de aprendizaxe. Ex: dislexia.
  • TDAH: Trastorno de déficit de atención e hiperactividade.
  • Altas capacidades.

Pautas

1.- Non enfadarnos con eles se non conseguen prestar atención

Para comprender mellor a situación, partimos de que, en xeral, ninguén escolle ser como é. Tamén axuda á comprensión e á empatía, establecer un paralelismo entre TDAH e discapacidades físicas.

Da mesma maneira que non nos enfadamos cun alumno cego porque non consegue ver nin cun rapaz en cadeira de rodas porque non consegue subir ao taller, non debemos facelo cos nosos TDAH por non prestar atención. De feito, para moitos deles é incapacitante. Temos que manter o bo ambiente nas aulas, falarlles con amabilidade, respecto, empatía e paciencia.


2.- Evitar a retranca

En especial os TEA non entenden a ironía e collen todo de maneira literal, o que pode dar lugar a confusións, sentimento de desorientación e rexeitamento. Tamén observamos que outros rapaces (pola idade, etc) son moi susceptibles e non aprecian certo tipo de bromas.

3.- Enunciados de tarefas e exames

  • Para non poñer o foco no ANEE, facer un único enunciado e darlles "máis tempo" a todos. Non facer exames a contra reloxo.
  • As preguntas, seguindo a mesma orde que viron en clase.
  • Crear enunciados esquemáticos. Frases curtas.
  • Ter en conta que as preguntas "tipo test" son especialmente complexas para persoas disléxicas.
  • Durante o exame, preguntar se entenden o enunciado e ver como van.
  • Se deixou algún exercicio totalmente en branco, preguntar o motivo.
  • Revisar co alumnado o exame corrixido para ver por que fallaron.
  • Ás veces axuda que poidan levar o exame a casa para que o analicen coa familia e o terapeuta.

4.- Checklist

Ensinarlles a copiar un enunciado a un G Doc e convertilo nunha checklist. Así poderán ir marcando cada paso como realizado antes de pasar ao seguinte.

Dinámica na clase

En especial, con alumnado TEA: as ordes xerais non as interpretan como propias.

  • Facer as explicacións mirando para eles.
  • Achegarse fisicamente un pouco, acenar coa man.
  • Cando teñan que completar un punto, antes de comezar o seguinte, usar Veyon en modo mosaico para comprobar que están todos listos e manter o ritmo.
  • Outro uso de Veyon pode ser escoller algún dos traballos realizados polos alumnos como exemplo para o resto, incluíndo os traballos do alumnado TEA. E mesmo realizar a explicación amosando a pantalla do alumnado TEA para que non se descolgue do resto.


Infografia gimp.png

Os cerebros neurodiverxentes non aprenden por repetición verbal. Para aprender unha secuencia de pasos:

  • Crear unha infografía visual que lles permita saber o procedemento case sen ler, que a rescaten mellor e lles axude a fixar os conceptos.
  • É importante que estea sempre presente, nunha esquina da pantalla, e que cando incidamos nela a acompañemos da explicación e do xesto de sinalar os dedos (primeiro, segundo, terceiro...) contando os pasos.
  • Explicarlles que cando o fagamos o xesto dos dedos ou saia nunha foto na pantalla, teñen que estar moi atentos e caerá nos exames.


Hai alumnado que se cambia a atención do seu monitor á pantalla de clase, pérdese. É o cambio de foco. Axuda que a explicación se transmita polo Meet para que a sigan no seu propio computador e tamén é útil que algunha explicación quede gravada para que a poidan consultar máis tarde.

O tícket de saída

O alumnado con dificultades en Funcións Executivas Complexas como a planificación e a organización, precisa unha guía de adestramento e estratexia de compensación.

É necesario que o/a profe anticipe de forma ordenada e concisa o que se vai ver na sesión de clase, utilizando un recurso visual como o tícket de saída.

Ticket de saida.png


Con este recurso pomos énfase na estrutura da clase e o alumnado sitúase nunha liña temporal, que para a maioría non é obvia.

A medida que avanzamos nos pasos podemos ir tachándoos (reforzo visual) para que sexan conscientes do que aínda resta por facer.

Outros reforzos visuais

Tamén axuda a que reflexionen sobre o que non aprenderon ben ou o que lles resultará difícil. É importante que haxa un momento para dúbidas colectivas porque moitos TDAH non son conscientes das súas dúbidas até que outra persoa as comenta, por falta de metacognición.

Tamén é boa idea realizar un Kahoot final que sirva de autoavaliación.

Fontes e información complementaria